PREFERENTE FUTGAL FEMININA, (20ª Xda) : “Triunfo de carácter do Fisober ante o Castro, (1-2), para volver sumar de tres”.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA
-20ª Xornada-

FSF Castro “B” 1-2 Fisober FSF

FSF Castro: Alicia, Ana, Marta, Uxía, Ruth. Tamén xogaron: Aroa, Mencía, Mara, Lucía López Fernández, Laura, Lucía López de la Fuente e Nora.

Fisober FSF: Sharay, Paula, Carla Lago, Kenny e Saray Duarte. Tamén xogaron: Ana, Sabela e Carla Beiro.

Árbitros: Óscar Manuel Lorenzo Fernández e Xacobe López Muruais.

Goles:
0-1 | min. 2 | Paula Fandiño
1-1 | min. 18
1-2 | min. 19 | Saray Duarte


Partido disputado na tarde-noite do sábado no Pavillón Municipal de Castro Ribeiras de Lea, ao que o Fisober chegaba coa necesidade de volver puntuar tras unha pasada fin de semana marcada por unha dobre derrota moi dolorosa pola súa forma de producirse. A pesar de ser ante un rival da zona alta, esta saída presentábase como unha boa oportunidade para recuperar sensacións e manter o gran nivel mostrado nesta segunda volta.

O encontro non puido comezar mellor para as costeiras. Nos primeiros minutos de xogo, Paula adiantaba ao Fisober cun gol dende campo propio, tanto que deu confianza ao equipo visitante. As ocasións sucedéronse, pero o conxunto costeiro non foi quen de ampliar a vantaxe antes do descanso.

A falta de dous minutos para o intermedio chegou a tolemia ao partido: o Castro lograba o empate, pero a reacción do Fisober foi inmediata. Apenas un minuto despois, Saray Duarte anotaba un auténtico golazo dende fóra da área que acabaría sendo definitivo para sumar tres puntos fundamentais.

Próxima xornada: o Fisober recibirá na noite do venres ao Ribeira FS en Dumbría.

.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”