PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
17ª Xornada
1-1
FISOBER FS : David, Champi, Mario, Pablo, Juan; tamén: Brais, Raúl, Iván, Carlos.
CASTRO : Kevin, Jesús, Samuel, Yago, Alexandre; tamén: Ignacio, Adrián, Paulo Jorge, Raúl.
ÁRBITROS: Carlos Jesús González Pardal, Fernando Martínez Pose, Nicolás Antonio Cutrone.
GOLES: 0-1 min.1, 1-1 min.19 Pablo.
INCIDENCIAS : Partido disputado na noite do venres nas IDM O Conco, que no seu día quedou aprazado pola alerta vermella decretada pola Federación Galega.
CRÓNICA
Chegaba a Dumbría un conxunto lucense moi ben situado na clasificación, ante un Fisober tamén en postos cómodos pero sen poder descuidarse da parte baixa; e ante esta igualdade, así resultou ser o encontro, con dous conxuntos atrevidos en ataque e ben posicionados en defensa, que rematou con poucos goles pero moitísimas ocasións, e unha parte para cada equipo, polo que ata o resultado semella que fixo xustiza.
Na primeira metade comezou moito mellor o Castro, que marcaba na primeira xogada do partido e dispoñía de 4 tiros á madeira, ademáis da boa actuación de Brais, que servía para manter a desvantaxe mínima para os costeiros. Tamén os locais eran capaces de crear perigo e facer empregarse a fondo ao meta visitante, que era capaz de manter aos nosos sen marcar ata que, faltando 1 minutos para o descanso, unha gran combinación entre Champi e Pablo remataba co gol deste último.
Á volta de vestiarios, o Fisober saía moito mellor e dominou o partido, dispuxo das mellores ocasións e tan só a falta de puntería e de novo o porteiro lucense fixeron que non puidesen ampliar o marcador, rematando co 1-1 final e deixando a sensación de que era un bo punto o conseguido tendo en conta as baixas coas que contaba o equipo.
………………………………………………………………………………….
9-5
FISOBER FS : David, Champi, Mario, Pablo, Juan; tamén: Raúl, Javi.
CASÁS : Bruno Villares, Iker, Alberto, Diego, Magic Mohamed; tamén: Álvaro, Samuel, Bruno Ramos, Carlos, Servando José.
ÁRBITROS: Diego Agustín Montoya Montero, Mayra Camila Araujo, Dayanna Mariluz Mendoza Escalona.
GOLES: 0-1 min.6, 1-1 min.8 Champi, 1-2 min.15, 1-3 min.17, 2-3 min.19 Javi; 2-4 min.22, 2-5 min.26, 3-5 min.30 Pablo, 4-5 min.31 Mario, 5-5 min.35 Mario, 6-5 min.36 Mario, 7-5 min.37 Mario, 8-5 min.38 Mario, 9-5 min.39 Mario.
CRÓNICA
Partido disputado na tarde-noite do domingo nas IDM O Conco, o segundo da fin de semana para os sénior, que recibían a un conxunto instalado nos postos de playoff e ante o que conseguiron completar unha gran fin de semana con 4 puntos de 6 para manterse na parte media da clasificación e achegarse á salvación matemática.
Comezaba o encontro moi igualado, cuns primeiros minutos de ocasións e un gol por cada bando; o Fisober dispoñía de moitas posibilidades de gol, que non eran aproveitadas e vían como o rival, a pesar de boas paradas de David, sí era capaz de aproveitar dúas chegadas para adiantarse por partida dobre, e só un gran roubo e tiro de Javi (que volvía logo duns meses con pubalxia) dende medio campo recurtaba distancias antes do descanso.
Á volta de vestiarios seguía a falla de puntería dos locais, que mesmo erraban un penalti, mentres que os visitantes castigaban con 2 goles máis este desatino local. A pesar disto, os costeiros non se viñeron abaixo, conscientes de que estaban a ser superiores en xogo e ocasións, e mediada a segunda metade conseguían “abrir a lata” cun gran disparo de Pablo que daba paso ao espectáculo goleador de Mario, que poñía nome ao gran esforzo de todo o equipo con 6 goles, para rematar cun 9-5 que facía xustiza ao xogo visto sobre a pista.
A vindeira xornada
O Fisober xogará de novo como local e será ante o Club Lemos FS.
Agradecementos
Agradecer aos patrocinadores #BarLondon e #JamonesFerreiro, gracias aos que estreamos equipación para os partidos coma visitantes.
.
-Fotos e información : Prensa Fisober FSF
