PREFERENTE FUTGAL, (16ª Xda) : “O Arnoia moito lider para o Fisober que estreou indumentaria”.

PREFERENTE FUTGAL
16ª Xornada

ATLÉTICO ARNOIA 12-1 FISOBER FSF

ATLÉTICO ARNOIA: Rosa María, Vanessa, Andrea Dapia, Sandra, Paloma Eugenia; tamén xogaron Nerea Gil, Andrea Mosquera, Eva María, Nuria, Susana e Nerea Vázquez.

FISOBER FSF: Sharay, Paula, Ana, Kenny, Saray Duarte; tamén participaron Sabela, Carla Beiro e Lara.

ÁRBITROS: Eduardo Azevedo Moreira de Sousa e Rocío Vélez Tercero.

GOLES:
1-0 (1’), 2-0 (4’), 3-0 (5’), 4-0 (9’), 5-0 (12’),
5-1 Saray Duarte (14’),
6-1 (16’), 7-1 (18’),
8-1 (29’), 9-1 (31’), 10-1 (36’), 11-1 (37’), 12-1 (38’).


Partido disputado na noite do venres no Pavillón Municipal A Queixeira de Arnoia, correspondente á xornada 16 da Preferente FUTGAL e que fora aprazado no seu día pola alerta vermella decretada pola Federación Galega.

A visita á pista do Atlético Arnoia, líder invicto da categoría, servía para cumprir o trámite de recuperar unha xornada atrasada ante un rival que conta os seus partidos por vitorias, tanto como local como a domicilio. O encontro quedou resolto moi cedo, cun ritmo alto das locais que marcou diferenzas desde os primeiros minutos.

As costeiras, representadas, conseguiron regresar sen baixas a pesar do contratempo sufrido por Ana durante o quecemento, que lle impediu disputar minutos co obxectivo de chegar en condicións ao seguinte compromiso da fin de semana. Ademais, o equipo contou coa sensible ausencia de Carla Lago, aínda con molestias no xeonllo que non remiten.

Como notas positivas da noite, destaca o gol anotado por Saray Duarte, que continúa sumando nunha boa tempada a nivel goleador, así como a estrea da nova equipación.

Vindeiro encontro

O seguinte compromiso do Fisober terá lugar o domingo 01/02 ás 11:00 horas en Dumbría, onde se medirá ao filial do Poio FS. 

Estrea de nova equipación

Desde o club fisoberista quérese agradecer a LUSCOFUSCO o seu patrocinio, grazas ao cal foi posible estrear nova equipación para os partidos como visitantes.

.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”