Preferente Futgal Feminina
Xornada 9
Fisober FSF 1-5 Balaídos CF
O Fisober caeu con máis castigo do que mereceu nas IDM O Conco. O Balaídos, favorito a priori, levou os tres puntos, pero atopou un equipo costeiro combativo, que nunca baixou os brazos e que xerou ocasións para ter un resultado moito máis axustado.
O encontro púxose costa arriba moi cedo co 0-1 no minuto 4, aínda que as locais responderon con chegadas perigosas. A gardameta visitante, moi inspirada, evitou o empate con varias intervencións de mérito, sobre todo ante disparos lonxanos das costeiras. Cando mellor estaba o Fisober, chegou o 0-2 no 18’, un golpe que non fixo xustiza ao bo primeiro tempo das de Dumbría.
Reiniciouse o duelo e o Balaídos marcou o 0-3 no 21’, pero a resposta foi inmediata: penalti provocado polo Fisober, expulsión dunha xogadora olívica e gol de Paula no 22’ que abría a porta á remontada. Foron os mellores minutos das costeiras, intensas e verticales, pero unha acción desafortunada rematou no 1-4 no 25’, practicamente definitivo. Aínda así, o equipo seguiu loitando, buscando recortar distancias ata os últimos compases, nos que chegou o 1-5 no minuto 34, resultado final demasiado duro para o mérito amosado en pista.
Fisober FSF:
Sharay, Adri, Paula, Ana, Carla.
Tamén: Sabela, Kenny, e Lara.
Balaídos CF:
Xiana, Noelia, Patricia, Iria, Liliana.
Tamén: Adriana, e Carlota.
Goles : 0-1, Noelia, (4’), 0-2, Patricia, (18’), 0-3, Adriana, (21’), 1-3, Paula Fandiño, (22’), 1-4, Carlota, (25’), 1-5, Carlota, (34’).
Árbitros : Cristian Calo Dubra e Jorge Fernández Lojo.
Vindeira xornada
Na próxima xornada o Fisober visitará ao CD Composala, equipo no que militan varias ex costeiras.
.
-Información e fotos : Departamento de prensa do Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
.


