PREFERENTE FS, (10ª Xda) : NOVA DERROTA DO FISOBER FSF DE HOMES NUN ENCONTRO NO QUE SE ERROU NAS DUAS ÁREA.

Preferente Fútgal
-10ª Xornada-

Fisober FSF 1-5 Jogafán Ordes FS

Partido disputado na tarde do sábado nas IDM do Conco, en Dumbría, onde un Fisober que chegaba con boas sensacións pero tamén con varias derrotas seguidas recibía a un Ordes en clara dinámica ascendente. O conxunto visitante volveu demostrar que é un dos equipos máis en forma deste tramo de competición.

O encontro non puido comezar mellor para os costeiros, que nos primeiros minutos xeraron perigo con varias chegadas e adiantáronse tras varios rexeites nunha xogada de estratexia. Pero, a partir dese tramo inicial, o Ordes deu un paso adiante e comezou a penalizar os desaxustes dun Fisober que foi perdendo orde, especialmente no final da primeira metade. Dous goles case consecutivos puxeron o partido moi costa arriba antes do descanso.

Na reanudación, o Fisober entrou forte, combinou ben e dispuxo de boas oportunidades, pero faltou acerto na finalización. Pola contra, foi o Ordes quen volveu golpear, completando un partido moi sólido e deixando sen opcións a un Fisober que non tivo a súa mellor tarde en liñas xerais. O marcador final, 1-5, resultou xusto polo visto sobre a pista.

Fisober FSF
David, Iván, Mario, Pablo, Juan.
Tamén: Champi, Raúl, Javi, Carlos, Brais.
Jogafán Ordes FS
Pablo, Alberto, Álvaro, Noé, Ismael.
Tamén: David, Anxo, Iván, Adrián, Jorge, Darío.
 Árbitros
Francisco Pena Torreira
Jorge Fernández Lojo 
Cristian Calo Dubra.

 Goles

1-0, Iván (3’).
 1-1 Noe (7’).
 1-2 Noe (15’).
 1-3 Álvaro (19’).
 1-4 Ismael (19’).
 1-5 Noe (26’).

Clasificación
O Fisober ocupa a 14ª posición con 9 puntos de 3 encontros gañados nestas 9 xornadas disputadas.
A vindeira xornada
O Fisober viaxa ata Lugo para visitar ao Ribeira FS “B” no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo a partires das 17:00 horas do Domingo 23 de Novembro.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”