PRECIO ABUSIVO DAS ENTRADAS PARA O “ÁNXO CARRO” QUE AXUDARÁ A PALIAR O RC DEPORTIVO DO QUE XA SOMOS MÁIS DE 22.200 ABOADOS.

Na derradeira visita a Lugo había máis deportivista ca luguistas.

 

O CD Lugo xa informou ao RC Deportivo do prezo das entradas para os que queiran visitar o Ánxo Carro o vindeiro 3 de Setenbro a partires das 20:30 horas, (18;30 GMT). A friloeira de 25 e 20 euros é o que cobrará o equipo lucense aos deportivistas. O noso clube deu un paso adiante e porá os 5 euros para as entrasad de 25 e así quedar todas a 20, que xa non deixa de ser un precio abusivo, e esperemos que o RC Deportivo responda cos mesmos prezos cando a afección albivermella veña a Riazor, que tamén hai que dicilo, non ten culpa ningunha, senón que a ten o responsable máximo e “lambecús” de Tebas no “Caso Fuenlabrote” .

Un 40% despacharáas a Federación de Peñas

Como o xa acordado na pasada tempada a Federación de Peñas Deportivistas terá entradas a disposición de cara o encontro fronte o C.D. Lugo, en concreto ó 40 % do total de entradas. 

Organizarase un desprazamento de cara o encontro en duas franxas horarias:

Saída do Pavillón dos Deportes de Riazor o sábado 02/09/2023 as 11:00h con regreso ó finalizar o encontro.
Saída do Pavillón dos Deportes de Riazor o sábado 02/09/2023 as 16:00h con regreso ó finalizar o encontro.
O preso do desprazamento será de 8 euros por persoa, xa que a Federación subvenciona a metade da viaxe.
O Prazo de solicitudes tanto de entradas como de prazas de bus, será ata o sábado 26/08/2023 as 14:00horas. Non se recollerán peticións fora do prazo marcado.

 

Superados os 22.200 socios 

A cinco días do primeiuro encontro de liga o Depor xa conta con 22.297 socios antre renovados e novas altas, e a lista de espera presencial para novas altas ainda é longa e de seguro que moitos non poderán ter o seu carnet para o primeiro envite en Riazor, este vindeiro sábado a partires das 20:30 horas, (18:30 GMT), ante o Rayo Majadahonda.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”