PRECAUCIÓN NAS ESTRADAS DIRECCIÓN MUXÍA POR MOR DE ROMEIROS HACIA A BARCA NO ARCÉN

 

No día de onte comezou a Novena da Nosa Señora da Barca que ten ugar polas mañáns na igrexa parroquial ás 09:00 horas e no Santuario ás 19:00 horas. Dende a Policía Local de Muxía e Portección Civil pídennos que nos fagamos eco de pedir precaución aos condutores que transitan ou van a transitar polas estradas que se dirixen a Muxía, pois en moitas delas non hai arcén ou é moi cativo, polo que é perigoso para os romeiros e ofrecidos que se dirixen a cumprir as suas ofrendas indo andando ata o Santuario e oir misa.

Estes días ata os días da Romería, (13,14, 15 e 16 de Setembro), son milleiros as persoas ue chegan andando ata o santuario muxián, e incluso as duas semanas seguintes a Romaria, e non só nas horas de luz, senón que tamén de noite e de madrugada. A eles súmanse peregrinos do camiño e da Vía Mariana, así como os dos camiños dos faros, convertindo a Punta da Barca a Roma galega, pois tódolos camiños confluen nela.

Polo tanto pedímosvos precaución e civismo.

Estados todos invitados a vir e como sempre pedimos respeto polo pobo que vos ofrece todo para que cumplades cos exvotos ou ca festa.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es