PRAZO PARA OS CLUBES SENIOR DE FÚTBOL 11 ATA O 31 DE AGOSTO PARA INSCRIBIRSE NAS LIGAS AUTONÓMICAS.

 

Segundo informa a RFGF na sua páxina web : “A Secretaría Xeral da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) informa, tras a súa aprobación na última reunión da Comisión Delegada, que o prazo de inscrición para as categorías oficiais de Fútbol 11 conclúe o próximo 31 de agosto”.

A inscrición, a realizar polos clubes será a través da Intranet da RFGF. Tamén informan dende o ente futbolístico galego que a inscrición : “É obrigatoria para poder participar nas devanditas competicións oficiais e despachar as correspondentes licenzas”.

Estas son as categorías :

Segunda Galicia

Terceira Galicia

1ª Autonómica Xuvenil

2ª Autonómica Xuvenil

1ª Autonómica Cadete

2ª Autonómica Cadete

1ª Autonómica Infantil

2ª Autonómica Infantil

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : RFGF