PRATA PARA A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, NA COPA DE ESPAÑA XUNIOR CELEBRADA EN OURENSE.

Lucía no segundo chanzo do podio de Ourense.

 

Se fai un par de semanas a judioca muxiana de Merexo, Lucía Pazos, acadaba a prata no Campionato de España Cadete celebrado en  Madrid, na categoría de -57 Kgs, desta volta competía na categoría xunior na Copa de España que se celebrou en Ourense e repetía unha prata que mantén a muxiana antre as mellores do estado.

Neste campionato participaban deportistas de Galicia, Asturias, Euskadi, Castela a Mancha, Castela León, Madrid, Estremadura e do veciño Portugal, e era a primeira experiencia de Lucía xa como xunior, xa que doutras veces fíxoo sendo cadete. A merexana chegou a final logo de arrollar ás súas competidoras en combates rápidos de pouco máis de un minuto, e medíose na final con unha deportista asturiana federada en Galicia nun duro combate que se levaría a astur. Resísteselle a presea de ouro a Lucía, pero todo apunta a que non tardará en chegar.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Pedro Pazos

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies