Esperan días de movementos en diferentes sentidos.
O vindeiro venres 30 de Agosto ás 00:00 horas remata o mercado de verán, e no Depor, Fernando Soriano ainda ten varios frontes abertos. Os “acelerados” tras caer derrotados nos dous encontros de liga, merecendo moito máis cos adverasrios e sendo penalizados no balón parado, (un gol tras falta lateral, un penalti e nun saque de curruncho), as “máquinas do medo”, comezaron a pedir a incorporación, tendo ainda a Jaime e a Barcia na guanteira, e sabendo como són. Toda aunha falta de respecto os rapaces.
Para o medio do campo chega dende o Arsenal, Charlie Patiño, que desembracaba en Santiago na tarde de onte e que está a espera do transfer para adestrar cos compañeiros. Podería ser inscrito con ficha do Fabril, como xa pasou con Obrador, o lateral esquerdo chegado dende o Real Madrid. Patiño coumplirá o seu soño de xogar no equipo dos seus avós, do seu pai, e dél mesmo, pois é seguidor deportivista, a pesares de criarse dende neniño no Arsenal.
Con Patiño a espera de rematar cos “flecos” da sua incorporación, que podería ser hoxe mesmo, nos mentideiros deportivos seguen a falar de Crístian Herrera para reforzar o ataque. Xogador de 33 anos que milita no Las Palmas e gran coñecido de Fernando Sorian, que o enrolou no seu día no Ibiza, onde trunfou e foi fichado polos canarios, ainda que non contou moito para o adestrador. O veterano xogador pode xogar tamén tiradoa banda, para onde se busca, (parece ser), un reposto para Mella.
No que se refire as boas novas, Escudero e Iano Simao estiveron en Abegondo co readaptador Fernando Rodríguez, dando pasos adiante na sua recuperación.
No apartado de saidas, Berto Cayarga sigue o calado a espera do seu destiño, xa que Fernando Soriano, xa dixo a semana pasada que xa sabía que non contaba para a plantillla deportivista. Outro que podería sair é Iano Simao, para ter minutos noutro equipo, o contar agora mesmo con 3 laterais esquerdos, así mesmo Raúl Alcaina, ten as papeletas todas para ou rescindir ou irse cedido. O rapáz tivo a mala sorte de pasarse a pretemporada lesionado, xa que tamén hai que dicilo, a pasada tempada no pouco que xogou amosou moi boas maneiras.O “overbooking” na proa do equipo podería levar consigo a cesión de Davo.
Faltan pouco máis de 4 días para que peche o mercado e Fernando Soriano ten varias operacións que facer de cara a deixar perfilado o equipo para afrontar con garantías a tempada, que será dura e longa dads s grsnde igualdade que está a haber. Tan só Albacete e Huesca sumaron de 3 nas duas xornadas disputadas, albaceteños ee os aragoneses, (que xa vimos de que maneira tan inxusta o fixeron, pero os que conta son os peixes que hai na cadeira, non os que puidemos tido pescado). Faltan por xogarse dous encontros hoxe mesmo luns.
-RESULTADOS 2ª XORNADA-
Santander 2-2 Eibar
Huesca 2-1 Depor
Xixón 0-0 Eldense
Ferrol 0-1 Granada
Levante 1-1 Cádiz
Tenerife 0-1 Almería
Málaga 1-1 Mirandés
Albacete 1-0 Elxe
Castellón 0-0 Oviedo
Cartagena-Zaragoza, ás 19:00 horas do Luns 26 de Agosto
Córdoba-Burgos, ás 21:30 horas do Luns 26 de Agosto
-Encontros e horarios da 3ª xornada-
Granada-Huesca, ás 19:00 horas do venres 30 de Agosto
Oviedo-Santander, ás 21:30 horas do venres 30 de Agosto
Cádiz-Tenerife, ás 19:00 horas do sábado 31 de Agosto
Almería-Xixón, ás 21:30 horas do sábado 31 de Agosto
Málaga-Albacete, ás 21:30 horas do sábado 31 de Agosto
Burgos-Castellón, ás 17:00 horas do Domingo 01 de Setembro
Depor-Ferrol, ás 17:00 horas do Domingo 01 de Setembro
Mirandés-Zaragoza, ás 19:00 horas do Domingo 01 de Setembro
Eldense-Cartagena, ás 19:00 horas do Domingo 01 de Setembro
Eibar-Levante, ás 19:00 horas do Luns 02 de Setembro
Elxe-Córdoba, ás 21:30 horas do Luns 02 de Setembro
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”