PORTONOVO, VILALONGA E A ILLA DE AROUSA SERÁN AS SEDES DA COPA DAS REXIÓNS UEFA DE SELECCIÓNS ENTRE O 6 E O 8 DE NADAL

 

Os campos de fútbol de Baltar (Portonovo), San Pedro (Vilalonga) e o Salvador Otero (A Illa de Arousa) albergarán os partidos correspondentes á primeira fase do Grupo F onde está a Selección Galega que dirixe Iván Cancela

Todos os partidos serán ás 12 do mediodía. O Castela A Mancha-Galicia do día 6 xogarase en Portonovo, o Ceuta-Castela A Mancha do día 7 será en Vilalonga e o Galicia-Ceuta do día 8 xogarase no Salvador Otero

En Galicia, xogando como anfitrioa, e encadrada dentro do Grupo F xunto con Castela A Mancha e Ceuta. A maxia da Copa das Rexións UEFA que organiza a Real Federación Española de Fútbol regresa os días 6, 7 e 8 de decembro. A nosa selección, dirixida desde esta campaña por Iván Cancela, xa coñece desde hai varias semanas o camiño que ha de percorrer se quere certificar o billete para a seguinte fase.

Cada país deberá enviar un representante á fase internacional, por iso 19 conxuntos das diferentes federacións territoriais españolas deberán competir entre si para erixirse na mellor. A fase nacional iniciarase así con seis grupos -cinco de tres seleccións e un con catro equipos- que decidirán unha praza de clasificación por grupo entre o 5 e o 8 de decembro de 2019.

Portonovo, Vilalonga e A Illa de Arousa

Galicia xogarase o pase á seguinte fase nas Rías Baixas. Os campos de fútbol de Baltar (Portonovo), San Pedro (Vilalonga) e o Salvador Otero (A Illa de Arousa) albergarán os partidos correspondentes a este Grupo F do torneo.

O primeiro partido desta primeira fase da Copa das Rexións UEFA disputarase o venres día 6 de decembro a partir das 12 horas do mediodía no campo de Baltar, en Portonovo. Alí debutará Galicia ante Castela A Mancha na cita inaugural. 24 horas máis tarde mediranse as seleccións de Ceuta e Castela A Mancha no campo de San Pedro, en Vilalonga, mentres que o domingo día 8, e tamén ás 12 horas, Galicia xogará o seu último enfrontamento ante Ceuta no Salvador Otero da Illa de Arousa.

Clasificación

Cada país deberá enviar un representante á fase internacional, por iso 19 conxuntos das diferentes federacións territoriais españolas deberán competir entre si para erixirse na mellor. A fase nacional iniciarase así con seis grupos, cinco de tres seleccións e un con catro equipos, que decidirán unha praza de clasificación por grupo entre o 5 e o 8 de decembro de 2019.

 

Grupo A (Sede: Estremadura)

1. Aragón
2. Estremadura
3. Murcia
4. Cataluña

Grupo B (Sede: Andalucía)

1. Valencia
2. Andalucía
3. Asturias

Grupo C (Sede: Madrid)

1. Canarias
2. Madrid
3. Vasca

Grupo D (Sede: Baleares)

1. Navarra
2. Baleares
3. Cantabria

Grupo E (Sede: A Rioxa)

1. Melilla
2. A Rioxa
3. Castela e León

Grupo F (Sede: Galicia)

1. Castela A Mancha
2. Galicia
3. Ceuta


Os gañadores dos grupos A e B avanzarán directamente á fase final, mentres que os campións do resto dos grupos disputarán unha fase intermedia o 12 de febreiro de 2020 a eliminatoria única e na Cidade do Fútbol de Las Rozas con dúas prazas dispoñibles para a fase final do mes de abril do ano próximo.

Nesta fase intermedia, na que participarán por tanto catro equipos, os cruces serán os seguintes:

-O primeiro clasificado do Grupo C medirase co primeiro clasificado do Grupo F

-O campión do Grupo E verase as caras co campión do Grupo D

-Os vencedores de ambas as eliminatorias e as dúas seleccións exentas disputarán a Fase Final a 4 que terá lugar entre o 10 e o 12 de abril


Convocatoria galega

O técnico de Galicia xa toma boa nota desde o inicio da tempada dos partidos de Terceira División coa súa presenza nos diferentes campos da nosa comunidade. Iván Cancela anunciará unha primeira convocatoria nas próximas horas, posto que o próximo día 23 terá lugar o primeiro adestramento.

-Texto : César Méndez, (RFGF)

-Foto : RFGF e piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies