PORQUÉ NON ASCENDEU NINGÚN EQUIPO XUVENIL DA COSTA?…É AQUÍ A RESPOSTA.

O Outes CF era o equipo da costa que tivo opcións de ascender.

 

Son moitos os usarios da web, afeccionados e xogadores que nos preguntaron por diferentes canles a razón pola que non houbo ningún ascenso nos Xuvenís da Costa e sí os houbo en tódalas categorías, agás as establecidas pola RFGF, (alevíns, benxamíns…).

Fixémoslle chegar ao ente federativo esta pregunta e ista é a razón pola que non houbo ningún equipo costeiro de xuvenís que non pasa a Liga Galega Xuvenil, sempre que o final de cada tempada 3 e as veces 4 equipos se xogan o pase a galega, e ista foi a aclaración :

“Na Primeira Xuvenil hai 5 grupos na zona norte, (Coruña, A Costa, Ferrol, Santiago e Lugo), pero realmente o grupo da Costa é un subgrupo da Delegación da Coruña. Son 4 os ascensos que se poñen en xogo. Si fora unha situación normal habería primeiro unha previa da promoción entre o grupo de Coruña e o da Costa. Polo tanto, o que se fixo foi facer esa previa na situación actual. Seguindo os criterios aprobados, o Outes pola Costa e o Olímpico pola Coruña eran os equipos que aspiraban a esa praza de ascenso. E por deportividade gañouna o Olímpico. Os outros ascendidos son os primeiros clasificados dos outros tres grupos. Basta darlle unha ollada a que en cadetes e infantiles, ascenden os equipos da Costa e non os da Coruña. Pasa exactamente o mismo, pero en este caso son os da Costa os que gañan a deportividade. E en cambio non ascendan equipos da Delegación da Coruña, a Delegación con máis equipos xuvenís de Galicia. Este foi un criterio que seguimos do mismo xeito en todas as categorías, con obxectividade e uniformidade”.

Así nolo explicaron dende a RFGF, un criterio que ao mellor non está o gusto de todos, pero ademáis da situación pola que se toma, hai que ter en conta que foi secundado polo 75% dos asembleistas da RFGF, que son os representantes de cada zona.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RFGF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies