POR CULPA DUN MAL ÁRBITRO YEREMAY ESTARÁ ARREDOR DE 2 MESES DE BAIXA.

Sabit fixo numerosas faltas e varias sobre Yeremay.

 

O colexiado guipuzkoano, Diego Plasencia Caballero, ten grande parte, ou toda, de que Yeremay Hernández teña que estar arredor de 2 meses de baixa por unha lesión no peroné. O xogador canario foi sustituido por Mella no minuto 59 do encontro no Ánxo Carro ante o CD Lugo o pasado sábado. O motivo foi unha entrada por detrás do xogador dos lucenses Sabit, que non veu nen cartón, pero esta entrada dura que foi a causa da lesión podería non chegar a existir, se o colexiado Plasencia Caballero, xa houbese amonestado antes o xogador que parou o xogador deportivista con varias faltas. Ademáis deixou de sinalar outras duas sobre o canario que si eran falta, tal e como se puido apreciar nas repeticións televisivas.

Primeiro existe a sanción que se chama “reiteración”, e logo hai que sumarlle a da lesión, diante do colexiado e do liña. O colexiado non tivo en conta nunca a maneira de frear por parte dos locais o talento do xogador canario, que xa no primeiro encontro en Riazor tamén foi obxetivo dos defensas.

O clube deu información do parte de lesión de Yeremay e foi toda unha sorpresa pois todos contábamos de que era un golpe que o ser por detrás da moita dor, pero o final perdemos a un dos nosos mellores xogadores para a lo menos 8 xornadas.

“Yeremay foi sometido esta mañá a probas médicas no Hospital QuirónSalud A Coruña para comprobar o alcance exacto das molestias nun xemelgo, froito da entrada dun futbolista rival, que lle impediron continuar no céspede o pasado sábado en Lugo.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha fractura non desprazada no seu peroné da perna dereita.

Así pois, o atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física co readaptador Alejandro Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo. A volta de Yeremay á competición estará ao redor das 8 semanas”.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies