PONTEDEUME FS 2-2 FS VILLA DE CE : “EMPATE DE QUINTELAS”.

Preferente Galicia FS

-10ª Xornada-

FSF Villa de Cee “Hotel La Marina”

FS Pontedeume 2-2 FSF Villa de Cee “Hotel La Marina”

Entrou mal no encontro o equipo ceense e froito diso os locais poñíanse por diante cun tando de Alejandro Quintela, e puideron abrir fnda no marcador de fallarlles a definición. Recomúxose o equipo de Cee ao acoso inicial dos eumeses e conseguía empatar por medio de Félix Quintela. Xa na segunda metade o encontro poñíaselle de cara e seguía ca rama Quintela, ainda que non foran nada, pois un disparo de Félix Quintela batía en Alejandro Quintela e despistaba a seu compañeiro Diego, para poñer o 1-2 no marcador. Para rematar este encontro no que como decíamos o apelido Quintela foi o máis destacado, Alejandro poñía as táboas, pero ata o final o encontro puido caer para calquer lado. Con iste empate seguen conservando a segunda praza, pero teñen o terceiro, Academia Red Blue 5 Coruña, a 1 punto e o cuarto Insuas do Miño a 3, estes que eran terceiros caeron por 6-1 ante o Noia FS.

FICHA TÉCNICA

-Foto : FSF Villa de Cee

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas