PODES SEGUIR OS ENCONTROS DA PRETEMPADA DO DEPOR POLA SUA CANLE DE YOUTUBE

 

Un ano máis o RC Deportivo tivo a ben trasmitir os encontros preparatorios da pretempada pola sua canle de Youtube, (https://www.youtube.com/channel/UCY2s1XaPzO60Hu6M_YZCTgA), comezando xa polo desta tarde que será o primeiro e no que se enfrontarán o Depor eo Fabril, coma nos derradeiros anos.

Esto no que se refire a ver o encontro vía online, que comezará ás 18:30 horas, (16:30 GMT), que se pode ver en direto ou en diferido cando queiras tamén na canle deportivista. No que se refire a presencialo en direto no campo, só poderán acceder as instalacións os socios co seu abono desta tempada e ata completar aforo.

No día de hoxe adestraron de maneira normal todo o grupo, a excepción de Somma, Pedro Sánchez e David Simón que o fixeron o marxe do grupo.

O seguinte encontro de pretempada será o sábado 27 de xullo, fronte ao Racing de Ferrol no campo de Cantarrana en Viveiro. O encontro dará inicio ás 19:00 horas, (17:00 GMT). No mesmo porase en xogo o “Trofeo 25 Aniversario da Peña Deportivista de Viveiro”, cuxos actos conmemorativos iniciáronse onte martes 23 de xullo coa inauguración dunha exposición sobre o seu cuarto de século de vida. A Sala Municipal da Praza Maior de Viveiro acollerá a mostra, desde as 21:00 horas do martes até o día do partido.

 

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : 18:30 horas, (16:30 GMT) : Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo-Fabril
Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : Cantarrana (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo : Pasarón (Pontevedra), 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Tenerife; 22:00 horas, (20:00 GMT) : Pontevedra-Deportivo
Sábado 3 de agosto : A Magdalena (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
Sábado 10 de agosto : ABANCA-RIAZOR, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.

-Datos e foto de rcdeportivo.es-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies