PODERÍA DARSE O CASO DE QUE PODERÍAN ACUDIR A RIAZOR TÓDOLOS QUE PRERRESERVEN ENTRADA.

 

Recollen varios medios que o Conselleiro de Saúde da Xunta de Galicia, Xulio García Comesaña, foi preguntado sobre o aforo que poderán ter os clubes galegos de ligas non profesionais, e dixo sobre este respecto que sería : “extensible ao acordado no Consello Interterratorial”, que estableceu pa Primeira e Segunda División o 40% de aforo nos estadios.

Tendo en conta esta medida, en Riazor o aforo sería de en torno aos 13.200 afeccionados no campo. Nestes intres as renovacións están chegando aos 15.000 socios que xa cumplimentaron a renovación, e tendo en conta que moitos dos socios que xa renovaron non solicitarán entrada, por motivos de traballo ou o estar de vacacións lonxe de Riazor, podería darse o dato de que tódlos que solicitaron entrada poidan ir a Riazor.

Cabe destacar que como dixo García Comesaña : “A liña estará preto dos valores da liga profesional. Estes valores revisaranse o 28 de agosto, que poden cambiar segundo a situación epidemiolóxica, pero a idea é que teñan certa homoxeneidade co que se marque para o fútbol profesional”, polo que o que podería tricar as cosas sería unha alza grave nos casos de positivos COVID-19.

Así podes solicitar a tua entrada : PREME AQUÍ.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia