PLAN COMPETICIONAL E CALENDARIOS DAS PREFERENTES GALICIA DOS GRUPOS NORTE E SUR QUE COMEZARÁN ANTRE O 21 E O 28 DE MARZAL.

 

A Real Federación Galega de Fútbol vén de publicar os calendarios da Preferente Galicia (Grupos Norte e Sur cos seus correspondentes Subgrupos A, B e C), unha competición cun formato exprés con ascensos pero sen descensos de categoría, dado que dende abaixo non haberá ascensos o non estar activada a 1ª Galicia, polo que será como a 3ª Autonómica, na que non hai para onde baixar.

A competición comeza co formato “exprés”, en datas nas que se estaría xogando todo nos ascensos e descensos, pero aquí o que importa é que haxa fútbol, nada importa o resto.

Neste curso serán un total de 37 os equipos que competirán a partir da fin de semana do 21 ou 28 de marzo (en función do número de equipos que conforman cada Subgrupo).

Calendarios

Podes consultar o calendario premendo nas seguintes ligazóns:

Grupo Norte

Grupo Sur

Plan competicional

Circular Nº5 Preferente

No que se refire ao Grupo Norte, os 19 equipos inscritos na Preferente Galicia quedan divididos en 2 grupos de 6 equipos e 1 grupo de 7 equipos, según o criterio xeográfico. Deste xeito os equipos verán reducidos considerablemente os seus gastos de desprazamento.

Dado que hai un grupo con 7 equipos e, polo tanto, con catro xornadas máis de competición, este dará comezo o 21 de marzo, mentres que os outros dous comezarán o 28 de marzo. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia. A competición rematará o 27 de xuño.

A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División. 

No que se refire ao Grupo Sur, os 18 equipos inscritos quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un, según o criterio xeográfico. A competición dará comezo o 28 de marzo e rematará o 27 de xuño. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia.

A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.

Fase da Copa do Rei

Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que se disputen esa praza.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto ; piratasdemuxia/www.futgal.es