PIRAGÜISMO : O Atletico San Sebastian gaña a Copa de España de Promesas celebrada en Dumbría con 220 participantes de 21 clubes de toda España.

 

 O Atletico San Sebastian repite triunfo na Copa de España de
Jóvenes Promesas de Slalom. Kayak Mig Segre de Pontes, e
Santiagotarrak de Irún o volveron a acompañar no podium
220 participantes, e 21 clubes de toda España, ademáis de algún
portugues. Muitísimo público nas beiras do río Xallas no tramó coñecido
coma O Couquiño, e un cheo total nos aloxamentos da comarca. A pesar
do mal arranque da proba a causa da imposibilidade de entrenar dos
participantes na xornada do venres, finamente o campeonato se celebrou
nas xornadas de sábado e domingo co éxito organizativo habitual nas
probas que se celebran no Concello do Dumbría. Os xoves deportistas
de toda a peninsula disfrutaron dun exelente escenario que este verán
acollerá a Copa de España selectiva para os Campionatos do Mundo
Junior e Sub23.

 

 

En canto a competición en sí, repetiu o podium da pasada tempada, con
o Atletico San Sebastian triunfando por delante do Mig Segre e o
Santiagotarrank. O mellor equipo galego foi o Tea de Mondariz Valneario,
cun quinto posto, mentras que o CDM Piragüismo Dumbría coa
participación de Iera Gerpe e Iván Llaria no K1 infantil non foi quen de
alcanzar as finais.

A proba saíu adiante grácias á colaboración dos socios do clube, do
Concello de Dumbría e da colaboración de Xeal, aportando o caudal de
auga ideal para a celebración da proba.

A vindeira cita da Copa de España de Promesas terá lugar os vindeiros
días 21 e 22 de xuño en Irún, Guipuzcoa.

 

 

O clube dumbriés rectificou nas suas queixas sobre o presidente da Federación de Pesca

O CDM Piragüismo Dumbría mandounos antes desta proba primeiro unha denuncia sobre a persecución por parte da Federación de Pesca e posteriormente unha rectificación que se nos traspapelou o pensar que era o mesmo mensaxe e que aquí vos trasmitimos..Pedimos disculpa por este erro non intencionado.

Nota de prensa

Desde o CDM Piragüismo Dumbría denunciabamos o acoso ó que o
presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo Méndez somete a este clube.
Son muitos xa os episodios deste libro, pero neste capitulo temos que recoñecer que a
razón está de parte da Federación Galega e Pesca e do seu presidente.

Sí é certo que denunciou a celebración da nosa proba, e sí é certo que temos muitos
outros episodios anteriores de desencontros, icluso con visitas para declarar no cuartel da
Garda Civil por denuncias súas.

En canto ó que nos corresponde hoxe, quedou patente que as solicitudes de competicións
de Pesca e as de Piragüismo van por camiños diferentes, e só nos demos conta de que
eran coincidentes no último momento, o que xunto con outras casulidades nos fixo pensar
que se trataba doutro ataque contra a nosa actividade. Unha vez que chegou onte unha
documentación ás nosas máns nas que se comprobaba que a Federación Galega de
Pesca solicitara a súa competición antes ca nos, só nos queda disculparnos publicamente
e desexar que isto supoña un punto de inflexión non só para a relacción entre o
piragüismo e a pesca, se non incluso para que a Xunta tome nota e se asegure tamén de
que estas circunstáncias de dúas actividades que coinciden no espacio e no tempo teñen
que poder ser advertidas e evitadas.

Tamén queremos expresar o trato desigual que se dá dende a adminsitración ás dúas
partes, dandolle unha preferencia á pesca sobre as demáis actividades que se poidan
realizar no río, e tendo nós sempre que supeditarnos ou loitar contra unhas normas que
sempre favorecen á pesca, unha actividade lúdica, a xente non vive do que pesca, pesca
para divertirse, o igual ca nos tamén queremos disfrutar da natureza. Os ríos non son
deles, son de todos. Loitamos contra un sentimento patrimonialista e uns dereitos
adquiridos noutros tempos ós que por parte dos pescadores non se quere renunciar.

Dende o CDM Piragüismo Dumbria, desexamos unha bóa xornada de pesca o venres, e
lles desexamos que a súa competicion sexa un exito.

 

 

-Fotos e Texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría