PIRAGÜISMO : DUMBRÍA ACOLLE ESTA FIN DE SEMÁN OS CAMPIONATOS GALEGOS DE SLALOM EN AUGAS BRAVAS

 

Máis de 80 saídas nos Campionatos Galegos de Piragüismo que se celebran este fin
de semán en Dumbría

O Club Tea de Mondariz Balenario, o Club Penedo de Caldelas de Tui e o Clube
Montaña Quixos de Monforte os favorítos para copar as plazas de podium por
clubs.

O CDM Piragüismo Dumbría terá a nivel indiviual as súas mellores bazas.
O campo de Slalom de O Couquiño recibe este fin de semán a proba que pon fin o
calendario de competicions de piragüismo en Galicia coa disputa no Campo de Slalom de
O Couquiño do Campionato Galego de Slalom de Augas Bravas. A proba que estaba
calendada para a pasada seman, tivo que ser aplazada a causa dos altos caudais que
presentaba o Rio Xallas ó seu paso polo Campo de Slalom de O Couquiño, co que a
organización da proba chegou a estar bastante comprometida debido as repercusions das
fortes choivas nas marxes do río Xallas.

Finalmente saerá adiante co esforzo do clube organizador, a Federación Galega de
Piragüismo, o Concello de Dumbría e a empresa Xeal que tratará de manter un caudal
estable duns 50m3/seg para a disputa da proba.

En canto a participación costeira, o CDM Piragüismo Dumbría non opta ó podium por
clubs, pero sí que a nivel individual ten unhas boas opcions de medallas, con Lorena
Costa no K1 Femenino, Marcos Sanchez e Iago Canosa no K1 Masculino, e Marco Oreiro
e Brais Sánchez no C1 masculino.

Esta competicion é a que pon o punto final o calendario oficial de competicions en Galicia.

-Foto e Texto : Prensa Club Piragüismo Dumbría

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies