“PESKI” RENOVA CO MUXÍA CF E PEDRO GÓMEZ E “PICHÓN” CO SONEIRA SD.

 

Sergio “Peski” renova co Muxía CF

O dianteiro, Sergio Tarrela Rial “Peski”, (Muxía), renova co Muxía CF, sendo él outro dos que coma Julián Busto, que renovaba a pasada semana, levan toda a sua vida no clube muxián, dende as categorías de base.

“Peski”, voltou nesta temporada, e disputou un total de 11 encontros en liga, marcando un gol, despois de levar un ano ausente, por asuntos de estudios no Pais Vasco. Tamén participou en Copa, entrando na segunda metade no derradeiro encontro, na semifinal contra o Fisterra.

Xogador rápido e desequilibrante, moi participativo sempre en toda a zona de adiante, xogando tanto de dianteiro, coma de mediapunta, ou pegado as bandas.

 

 

Pedro Gómez e Sergio “Pichón” seguen no Soneira 

Pedro Gómez Ferreiro, (Carballo), dirixirá por sexta tempada consecutiva ao Soneira SD da 1ª Galicia. O carballés chegaba ao equipo vimiancés en Decembro de 2017, tras deixar o CD Baio, e en sustitución de Rafa Suárez, que fora cesado no equipo de Vimianzo, daquela xa se atopou co seu segundo de abordo, Sergio “Pichón”, home da casa, que tamén renovou co equipo dos da Terra dos Moscoso.

Pedro Gómez, comezou a sua andaina adestrando ao Bergantiños FC, para logo pasar o SD San Lorenzo, dalí o CD Baio, e ata día de hoxe no Soneira SD.

Así nos anunciaban dende Vimainzo as renovacións : “Pedro Gómez seguirá aos mandos da nave soneirán. O clube está moi satisfeito co traballo de Pedro, así como coa súa forma de entender o fútbol, e ambas partes consideramos seguir xuntos. E como non podía ser doutra forma, Sergio Pichón seguirá sendo a súa man dereita na labor de segundo adestrador”.

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosoco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Foto Pedro e Pichón : Soneira SD