PERU NOLASKOAIN EN ROLDA DE PRENSA : “TEMOS QUE FACER E IR A “FULL” CONTRA CALQUERA”.

 

Peru Nolaskoain pasou por rolda de prensa e ainda que xogou de central prefire a posición de mediocentro  ca que segundo comenta: “Como centrocampista doulle máis ao equipo. Persoalmente síntome máis cómodo aí”, pero agradece o feito de estar no equipo, e “que me den a oportunidade”, indiferentemente do sitio no que xogue.

Confesou que sabe que están a facer as cousas mal e que o outro día o adestrador leeulles a “cartilla” : “As veces necesitamos tamén que nos poñan as pilas. Non estamos en situación de que nos digan as cousas falando. Ás veces hai que botarnos a rifa para que espabilemos e fixo o que tiña que facer”.

Tanto lle ten que xogue contra o Fuenlabrada ainda que vaia terceiro, xa que segundo él caeron ante o penúltimo, 8Málaga”, empataron co penúltimo, (Santander) e ante os de arriba puntuaron, (Cadiz, Almería), polo que : “O que temos que facer é ir a “full” contra calquera, saír a por os tres puntos”.

Tamén tivo na rolda de prensa un intre de apoio ao fútbol feminino pola folga que se aveciña : “Teñen o mesmo dereito que nós a un soldo digno, a uns dereitos. Loitan cada fin de semana como nós para ter eses privilexios”.

Todo o que falou máis istro telo escoitando o vídeo.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto : piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies