PEÑA DEPORTIVISTA BEBEL-PEÑA DEPORTIVISTA MG BETANZOS GRAN FINAL DO “I TORNEO FEPEDEPOR”. (Toda a información).

 

PD Bebel-PD MG Betanzos, Gran final de mañán Domingo, (20:45 horas). A nosa máis cordial noraboa a ámbolos finalistas e que gañe o mellor.

Xa temos os finalistas do “I Torneo FEPEDEPOR PlayStation FIFA20”, tras unhas semifinais cheas de emoción e na que Guitiríz tras derrotar a Peña Deportivista A Tablilla por 4-2, xogará polo primeiro título histórico deste gran torne, ante a Peña Deportivista MG Betanzos que deixaba na cuneta a Peña Deportivista de Barcelona, (4-7). Unha peña a barcelonesa a que nos une un detalle, xa que esta peña naceu no “Restaurante Muxía” na Cidade Condal e que e´´e propiedade da filla da nosa socia de Fumiñeu, (Muxía), Irma Pazos.

Esperamos e desexamos que o torneo teña continuidade, pois foi de enorme entretemento para tódolos peñistas. Non baixou de 20.000 veces que foi aberta a nova cada día para ver os resultados e a información do torneo cada día na nosa web, chegando a case os 50.000 no día de onte. A nosa noraboa a Federación de Peñas que está a amosar que está a altura do noso escudo en cada cousa que fai.

 

 

Aquí tedes tódolos horarios dos encontros ata a Gran Final, así coma os encontros que xogarán os finalistas contra dous xogadores do Depor.

 

Canle para ver os encontros : https://m.twitch.tv/fifa20cuarentena/profile

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas RC Deportivo

-Datos : XPeSPORTS

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.