Pedro Sánchez todo un experto no balón parado.

-Pedro Sánchez : “De aquí ao final queda moitísimo. Moitos partidos. Pode pasar de todo, tanto para ben como para mal”

Rolda de prensa de Pedro Sánchez, un dos futbolistas con máis experiencia na 2ª División, manifestou que : “temos que fixarnos en nós mesmos, tentar facer as cousas mellor para poder estar a pelexar cos mellores”. O atacante deportivista advirte que : “a Segunda é moi difícil. Calquera equipo pódeche complicar a vida tanto en na casa como fóra. É unha liga moi competitiva. Esperamos estar á altura, competir cada domingo o mellor posible”. Coñecedor do que fala advirte que : “de aquí ao final queda moitísimo. Moitos partidos. Pode pasar de todo, tanto para ben como para mal“…Abre a nova ao completo para ver as verbas de Pedro Sánchez.

Noutro órde de cousas, os Riazor Blues estiveron animando en Abegondo o adestramento dos xogadores para insuflarlle aos mesmos o apoio incondicional da afección de verdade. No encontro do vindeiro venres ante o UD Almería en Riazor, (21:00 horas-20:00 GMT), volverá a haber protesta entrando 5 minutos máis tarde, esto contra os horarios de televisión e datas dos encontros que sempre afectan aos mesmos clubes e afeccionados…Non o fútbol moderno!!!.

ROLDA DE PRENSA DE : PEDRO SÁNCHEZ

(Por : rcdeportivo.com)

Pedro Sánchez, un dos futbolistas con máis experiencia en LaLiga 1|2|3, manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que “temos que fixarnos en nós mesmos, tentar facer as cousas mellor para poder estar a pelexar cos mellores”.

O atacante deportivista advirte que “a Segunda División é moi difícil. Calquera equipo pódeche complicar a vida tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra. É unha liga moi competitiva. Esperamos estar á altura, competir cada domingo o mellor posible”.

Nesta liña, lembra que “de aquí ao final queda moitísimo. Moitos partidos. Pode pasar de todo, tanto para ben como para mal. Centrarnos en nós, en ser mellores que o rival cada domingo”.

Recalca que “nos últimos 15 partidos aperta todo o mundo. Cada un sabe o que se está xogando. Vai ser moi difícil gañar en calquera campo, mesmo en ABANCA-RIAZOR tamén. Os equipos de arriba tampouco gañan fácil”. “Cada xornada cambia moito. Unha semana velo dunha maneira e a seguinte doutra. Imos aguantar todo o que podamos para estar a pelexar aí arriba. Hai que ser cautos”, engade.

Por este motivo, para o atacante deportivista, as súas claves para esta recta final son “precaución, humildade e sobre todo moito esforzo e traballo”.

Admite que a vitoria este venres 22 de marzo ante a UD Almería en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3) é necesaria “para sentirse mellor, para coller confianza, para todo. Imos tentar pelexar esa vitoria para darnos unha alegría tanto a nós como á afección. De aí seguir sumando de 3 en 3 e coller confianza”.

Prefire non falar de obxectivos a longo prazo e si considera que “o principal é a UD Almería, que vai ser un partido moi difícil. Un equipo moi difícil de bater. Está a verse na táboa e nos partidos. Imos centrarnos neles e logo xa poderemos mirar cara a Asturias, cara a Oviedo; e non mirar o máis aló, que vai ser unha guerra”.

A nivel persoal, Pedro Sánchez lamentouse de “as lesións que me impediron estar a axudar ao equipo. Agora só penso en estar o mellor posible para axudar cada partido”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-