PEDRO SÁNCHEZ EN ROLDA DE PRENSA . “PENSAR NA TEMPADA PASADA E FACER COMPARACIÓNS É UN ERRO”

 

Pedro Sánchez pasou por rolda de prensa e falou un pouco do día a día. O xogador máis experimentado na 2ª División que temos, está convencido de que falar da tempada pasada e facer comparacións é un erro : “Hai que ser máis fortes que nunca de cabeza. Recuperarse no mental e no físico o mellor posible. Imos traballar e a esquecernos das comparacións, sería un erro. Empezamos de cero. É un reto precioso, pero moi sufrido, nunha categoría moi “capulla”. Hai que facer un bo bloque para que os que nos queiran gañar teñan que sufrir”.

Sánchez tamén falou do importante que é coller a filosofía de Anuqlea, como dixera fai uns días Borja Valle, ou onte mesmo Bergantiños e dí estar abraiado coa entrega dos rapaces do filial, e sabe do que fala : “Quítome o chapeu cos mozos, gústame o que vexo. Están con moita ganas, levaba tempo sen ver xogadores do filial con esta fame. Gústame. É bo para eles e para o equipo”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies