Pedro Gómez en foto de arquivo.
O adestrador do Soneira SD, (1ª Galicia G2 A Costa/Santiago), Pedro Gómez anuncioulle onte de camiño a casa tras xogar na Pobra que o rematar a participación na copa da costa desvincularase do clube vimiancés, no que leva preto de 7 anos.
Pedro deixa o soneira tras un bo periplo afianzando o equipo na 1ª Galicia, e nesta tempada que acaba de rematar onte mesmo, os vimianceses pechaban a liga cun meritorio 9º posto, de 14 encontros gañados, 7 empatados e 13 perdidos, habendo estado varias xornadas en posto de promoción.
A nosa felicitación a a Pedro Gómez polo seu traballo no Soneira, no fútbol da costa e como non, nas suas colaboracións ca nosa web, das que lle estamos enormemente agradecidos. Que o proxecto que comece lle vaia do milloriño.
Máis novas da Costa : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pìrata”