PECHE DE MERCADO : OS XOGADORES DO FABRIL, DIEGO VILLARES E RAYCO PASAN A FORMAR PARTE DO PRIMEIRO EQUIPO.

 

As malas relacións antre Mirandés e Rayo Vallecano impediron o final a chegada de Sergio Moreno ao Depor, segundo comentan varios medios, polo que as prazas libres de Rolan e Costa serán cubertas por Diego Villares e Rayco. O final sube duas xoves perlas das que os que os seguen falan marabillas e afórranse dous soldos considerables. Afemáis da boa incorporación de Raí. Se o que había non mellora o que hai, parécenos unha boa aposta a destes dous rapaces, que poderán amosar o que deles se fala.

O xove centrocampista ofensivo do Fabril, Diego Villares, (Vilalba, 17/06/1996), que chegou a disciplina deportivista no 2018, pasa a formar parte do primeiro equipo. 

Diego era un dos xogadores chamados a formar parte máispronto que tarde do primeiro equipo, tal como apuntaba fai tempo Óscar Gilsánz, que vía nél un xogador de grande potencial. Con Valerón convirteuse no home indiscutible no medio do campo, xogando na parte ofensiva.

A sua idade facía que se xogaba un só encontro co Depor, xa non podería voltar o Fabril pola sua condición de maiores de 23 anos, (ambos teñen 24). Un caso no que tamén estaba o seu compañeiro no filial deportivista, Rayco, que para Valerón era cuestión de tempo que recalase no equipo deportivista e non fai moito laibase de que non puidese alternar os dous equipos.

 

 

Rayco Rodríguez Medina, (Las Palmas de Gran Canaria; 24/11/1196), extremo canario formouse como futbolista nas canteiras da UD Almenara e da UD Las Palmas, como paso previo a enrolarse nas filas da estrutura de fútbol base do Acodetti CF. O seu bo facer chamou a atención do Real Betis, ao que se incorporou en 2015. A posteriori, pasou polo CF Pobla de Mafumet, durante dúas temporadas, e a Polvorín FC (filial do CD Lugo) nas dúas últimas campañas, antes de recalar no Fabril.

Rayco,  acumula 22 partidos en Segunda División B, pode desempeñarse en ambas as bandas ou na media punta. O curso pasado, vestindo a camiseta branquivermella na Terceira galega, anotou 17 goles, converténdose no segundo máximo goleador da competición. Este ano deleitounos cun gra gol co hombreiro ao máis puro estilo Djalminha.

Villares cubre asi a ficha deixada por Diego Rolan que como vos informamos asinou polo Pyramids da liga exipcio e Rayco ocupa a deixada por Rui Costa que firmou polo Santa Clara.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia