O Depor está incorpora a un futbolista que encaixa perfectamente nunha das necesidades máis evidentes do novo proxecto de Fernando Soriano : experiencia, xerarquía e capacidade para acompañar o crecemento dos centrais máis novos. José María Giménez, coñecido futbolisticamente como Josema, chega do Atlético de Madrid aos seus 31 anos e cunha carreira construída ao máis alto nivel.
Nado en Toledo, no Departamento de Canelones (Uruguai), o 20 de xaneiro de 1995, Giménez mide 1,85 m i é central dereito, ainda que se ten desenvolto moitas veces pola esquerda.
Do Danubio a converterse nun referente do Atlético
Giménez formouse no fútbol uruguaio e deu os seus primeiros pasos profesionais no Danubio, onde debutou con apenas 17 anos na tempada 2012-13. A súa irrupción foi inmediata e chamou a atención dun Atlético de Madrid que o incorporou en abril de 2013.
Desde entón, a súa carreira quedou practicamente ligada ao club madrileño: máis dunha década no Atlético, converténdose nun dos xogadores máis veteranos do vestiario e nun dos capitáns da entidade.
Co conxunto de Simeone viviu algunhas das etapas máis importantes da historia recente do Atlético. Gañou dúas Ligas españolas (2013-14 e 2020-21), unha Europa League (2017-18) e unha Supercopa de Europa (2018), ademais da Supercopa de España de 2014.
As cifras dan unha idea da súa lonxevidade: as bases estatísticas sitúan a Giménez en máis de 380 partidos oficiais co Atlético, ademais dos seus 16 encontros profesionais co Danubio.
Internacional absoluto desde os 18 anos
A súa experiencia non se limita ao fútbol de clubs. Giménez é un internacional absoluto por Uruguai desde setembro de 2013, cando debutou fronte a Colombia. A día de hoxe acumula 99 partidos coa selección e 8 goles, (segundo os datos oficiais da Asociación Uruguaya de Fútbol).
Participou en varias grandes citas internacionais, entre elas os Mundiais de Brasil 2014, Rusia 2018 e Qatar 2022, ademais de varias edicións da Copa América e das fases de clasificación mundialistas.
É, polo tanto, un xogador que chega a Coruña con algo que non se pode ensinar nos adestramentos: centos de partidos de máxima esixencia, experiencia en Champions, títulos e máis dunha década competindo baixo a esixencia de Diego Simeone.
Que tipo de central é?
José Giménez representa bastante ben o prototipo de defensa uruguaio: intenso, agresivo nos duelos, competitivo e moi comprometido na defensa da área.
O seu 1,85 metros non o converte no típico central enorme, pero compénsao cunha excelente capacidade para competir por arriba e cunha lectura moi agresiva dos balóns divididos.
É tamén un central que acostuma a defender cara adiante, capaz de saír da liña para anticiparse ao dianteiro. Esa característica, combinada coa súa contundencia, fai del un futbolista especialmente útil para protexer unha defensa con xogadores novos ao seu redor.
Outro dos seus sinais de identidade é a súa capacidade para aparecer en balón parado. Aínda que non é un goleador, marcou goles importantes ao longo da súa carreira aproveitando o seu xogo aéreo.
Un líder para os rapaces do Dépor
E probablemente este sexa o aspecto máis interesante da operación desde a perspectiva deportivista, que era o que buscaba.
O Dépor busca construír unha defensa de futuro con xogadores novos, (Barcia 23 anos, Noubi 21 e Ede 19), pero unha defensa nova tamén precisa un referente que xa coñeza todos os escenarios posibles. José Giménez pode exercer precisamente ese papel, xunto con Miguel Loureiro.
Non chega para ser simplemente “un central veterano”. Chega con experiencia en vestiarios de máxima presión, coñecemento da competición española, cultura táctica adquirida durante anos con Simeone e unha personalidade competitiva que pode resultar especialmente valiosa para os xogadores que están dando agora os seus primeiros pasos no fútbol de elite.
A operación chega, axudada ademais, nun momento no que Giménez perdeu protagonismo no Atlético. A competencia na defensa rojiblanca e a chegada de novos efectivos reduciron os seus minutos, mentres que as lesións tamén condicionaron a súa continuidade nos últimos anos. A pasada tempada disputou 22 encontros oficiais, segundo informacións publicadas hoxe.
Iso introduce unha incógnita: o seu estado físico e a capacidade para ter continuidade. Pero, se o Dépor consegue que Giménez estea san e competitivo, o valor da súa chegada vai moito máis alá dos minutos que dispute.
-O que pode achegar ao Dépor-
-31 anos e experiencia de primeiro nivel.
-Máis de 380 partidos oficiais co Atlético de Madrid.
-99 internacionalidades con Uruguai e experiencia mundialista.
-Dúas Ligas españolas, unha Europa League e unha Supercopa de Europa no seu palmarés.
-Gran capacidade para competir nos duelos e no xogo aéreo.
-Personalidade, intensidade e capacidade de liderado.
-Coñecemento profundo da Liga española e do fútbol de alto nivel.
Por iso, a súa chegada pode entenderse como algo máis que un reforzo para a defensa: o Dépor busca en Josema un central que sosteña o presente mentres axuda a formar os defensas do futuro.
Se o seu corpo lle permite recuperar continuidade, o uruguaio pode converterse nese tipo de fichaxe que non sempre se mide nas estatísticas: o xogador que ordena, corrixe, fala, compite e fai mellores aos que ten ao lado. Para un Deportivo que quere medrar rodeado de talento novo, esa experiencia pode valer tanto como un bo número de partidos disputados.
–
Foi moito tira e afroxa co Barcelona no tema da opción de compra da que fala de 30 millóns de euros, pero o final o Depor pecha o mercado cunha incorporación de moito nivel para o centro do campo…Marc Casadó, centrocampista do FC Barcelona. O Dépor formulou unha proposta de cesión que conta co visto e prace do futbolista, interesado en continuar competindo na Primeira División. O Barça, pola súa banda, preferiría unha saída definitiva, e tiña pretendentes fora de España.
Nado en Sant Pere de Vilamajor (Barcelona) o 14 de setembro de 2003, Casadó a uns días dos 23 e é un mediocentro defensivo formado integramente en La Masia. Chegou ao Barcelona en 2016 procedente da Damm e percorreu todas as categorías inferiores ata converterse en capitán do Xuvenil A.
Casadó deu o salto ao Barça Atlètic na tempada 2022/23 e rapidamente se converteu nun futbolista fundamental. En dúas campañas acumulou 66 partidos co filial, sendo titular en 64 deles. Ademais de actuar como mediocentro, tamén xogou como lateral dereito, unha polivalencia que lle valeu o curioso alcume de Kimmich.
O seu debut co primeiro equipo chegou na Champions League, ante o Viktoria Plzeň, e na tempada 2024/25 pasou a formar parte definitivamente do primeiro equipo. Con Hansi Flick disputou 36 partidos, marcou o seu primeiro gol como azulgrana e participou nun equipo que conquistou Liga, Copa do Rei e Supercopa de España.
Tamén chegou a ser convocado coa selección española absoluta, unha mostra do nivel que alcanzou nunha carreira aínda moi curta.
Que pode ofrecer no Dépor?
Casadó é, sobre todo, un mediocentro de equilibrio. Non é o típico centrocampista destinado a destacar polas súas cifras goleadoras, senón un xogador que fai funcionar o equipo: ocupa ben os espazos, ofrece unha liña de pase constante e axuda a dar equilibrio cando o equipo perde o balón.
O propio Barcelona define o catalán como un mediocentro defensivo que achega traballo, calidade, liderado e equilibrio.
É intenso sen balón, competitivo nos duelos e ten capacidade para interpretar o xogo con rapidez. Pero tamén destaca coa pelota: formado nunha escola baseada na posesión, está cómodo recibindo baixo presión e participando na saída desde atrás.
Unha fichaxe con sentido para o proxecto
A posible chegada de Casadó tería un significado diferente á de Giménez. Se o uruguaio achega experiencia e liderado, Casadó achegaría xuventude, intensidade e formación de elite.
Con só 22 anos, pero xa cunha tempada importante no primeiro equipo do Barcelona e títulos no seu palmarés, podería converterse nunha peza importante para un Dépor que pretende competir en Primeira sen renunciar á construción dun proxecto de futuro.
Casadó é ese tipo de centrocampista que non necesita ser a estrela para ser fundamental: corre, ordena, equilibra e fai que os que xogan ao seu redor poidan render mellor. E nun equipo que aspira a consolidarse na elite, ese perfil pode ter un enorme valor.
Gran traballo de Fernando Soriano
Non cansaremos de alabar o enorme traballo de Fernando Soriano e a sua rede de colaboradores, xa desde que chegou ao Depor. Dous ascnsos e unha permanenza sen complicacións, e un equipo de futuro que ten pinta de que se este ano se acada a permanenza o seguinte montarase un equipo para loitar por cotas máis altas, xa cos xogadores noveis con experienza na categoría.
Rescisión de José Ángel e cesión de Eric Puerto
No capítulo de despedidas, José Ángel rescindeu co Depor de mútuo acordo e o meta Eric Puerto cedido o Penafiel de Juan Carlos Escotet. A ambos desexámoslles a maior das sorte e as gracias polo aportado o noso clube en especial a José Ángel un dos heroes da volta a Segunda e a Primeira.
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
–


