Éxito rotundo da campaña lanzada pola Federación de Peñas Deportivistas e os Riazor Blues, chegaron aos preto de 14.000 euros de recadación para a axuda a Cociña Económica da Coruña e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos, na que foron moitos os deportivistas que se sumaron co seu graiño de area. Unha vez máis o deportivismo respostou a unha chamada de emerxencia de maneira soberbia.
A nosa felicitación a Federación, os “Blues” e a tódolos que colaboráchedes.
Foto : Fderación de Peñas Deportivistas.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.