Paula Veiga regresa á UD Cerqueda para reforzar o sénior feminino e axudar da base.

A UD Cerqueda anunciou o regreso de Paula Veiga Varela (Malpica, 2006), que volverá vestir a camiseta do club como xogadora do equipo sénior feminino de cara á vindeira tempada. A malpicana criada na base e tamén no senior dos cerquednses, ven de facer 3 anos moi bos no UC Cee no que o pasado ano foi a máxima artilleira con 25 goles na liga e 1 na copa.

Desde o UD Cerqueda, que preside Jorge Ardeira, destacan que se trata dunha incorporación “moi especial i estratéxica”, xa que consideran que a súa chegada permitirá dar un importante salto de calidade a un cadro de xogadoras caracterizado pola súa mocidade e polas ganas de seguir medrando e competindo.

Pero a vinculación de Paula Veiga coa UD Cerqueda irá máis aló do seu papel sobre o terreo de xogo. A malpicana sumará a sua volta exercer como adestradora do equipo infantil feminino, despois do bo traballo realizado a pasada campaña no clube, e tamén formará parte do corpo técnico do conxunto alevín feminino, onde compartirá responsabilidades co seu pai, Fran Veiga.

Desde o club déronlle a benvida nesta nova etapa e trasladáronlle os seus mellores desexos: “Benvida, Paula. Desexámosche toda a sorte do mundo e que desfrutes moito desta nova etapa. A túa felicidade será a nosa”.

AVISO IMPORTANTE

“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os orgañizadors, clubes, afeccionados, socios, etc…nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, para evitar o de que se poñemos uns e outros non.

Podedes mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.

-Foto : Prensa UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”