PAULA GUTIÉRREZ NOVA XOGADORA DO DEPORTIVO FEMININO.

 

Paula Gutiérrez Caballero (Viladecans, Barcelona, 2 de marzo de 2001) é nova xogadora do Deportivo ABANCA para a campaña 2021-2022.

A mediocentro catalá comezou xogando no equipo da súa localidade natal, antes de fichar polo RCD Espanyol, club que abandonou en 2017 para incorporarse ao FC Barcelona.

No conxunto azulgrana militou durante tres temporadas, sempre no equipo B, co que logrou o ascenso a Reto Iberdrola no curso 2018-2019. Durante eses tres exercicios foi convocada en varias ocasións polo primeiro equipo.

Ao comezo do curso pasado, Paula Gutiérrez puxo rumbo ao Madrid CFF. Cun conxunto que alcanzou a sétima posición na clasificación final da Primera Iberdrola disputou os seus primeiros 18 encontros na máxima categoría. Ademais, tamén botou unha man ao filial, con 3 partidos e 1 gol en Reto Iberdrola.

Internacional sub-16, sub-17 e sub-19, neste último combinado coincidiu coa tamén nova xogadora deportivista María Ruiz, durante a pasada edición do Campionato de Europa, que non puido disputarse a partir de Rolda Elite debido á pandemia de COVID-19.

-Foto : Twitter, Paula Gutiérrez

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies