Paula Fandiño fixo os dous goles do Fisober FSF.

Fisober FSF 2-8 A Estrada Futsal
-Resultado enganoso con respecto ao visto no Conco-
-Todo preparado para o “V Campus de Semana Santa”-
Derrota abultada do Fisober FSF ante o Patelería Cervela A Estrada Futsal na 23ª xornada da Liga Preferente Galicia, nun encontro no que as fisoberistas non mereceron semellante goleada. Non foron mellores sobre a pista as estradenses en grande parte do encontro, pero sí foron mellores a hora de dar o golpe cando eran as costeiras as que buscaban a igualada, e asestaron un esaxerado castigo, froito do desasosego tras buscar puntuar e non ter premio as ocasións creadas. Os goles das visitantes caéronlle coma un xarro dauga as costeiras.

PREFERENTE GALICIA

(LIGA AUTONÓMICA)

Gran ocasión do Fisober no encontro xogado no Conco.

FISOBER F.S.F. 2-8 PASTELERÍA CERVELA A ESTRADA FUTSAL 

FISOBER : Lía, Adriana, Kenny , Paula Fandiño, Ana ; Tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Laura.

ESTRADA : Nuria, Lucía, Natalia Mercedes, María, Lucía González ; Tamén xogaron : Patricia, Doris , Alba, Noelia, Sonia.

ÁRBITRO : Beatriz Pazos

CRONO : Sergio Montoiro.

GOLES : 1-0 min 3 Paula Fandiño, 1-1 min 8 Sonia, 1-2 min 10 Natalia Mercedes, ( descanso ), 1-3 min 25 Natalia Mercedes, 2-3 min 28 Paula Fandiño, 2-4 min 36 Sonia, 2-5 min 37 Lucía, 2-6 min 38 Patricia, 2-7 min 39 Patricia, 2-8 min 39 Noelia.

INCIDENCIAS : Partido disputado disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 23 ª xornada de Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica.

CRÓNICA

Demasiado castigo para un Fisober que o intentou e tivo oportunidades e cando arriscou a desesperada na busca da igualada recibiu un resultado abultado de máis.

Iniciaban o partido os dous equipos moi concentrados. A primeira ocasión foi local por parte de Kenny . Aos tres minutos un envío longo de Paula Fandiño coabase para ser o un a cero local.

O Estrada non creaba perigo ante un Fisober intenso e moi ben prantado en defensa.

Adriana tiña unha gran ocasión cun lanzamento que se lle ia ao pau da portería visitante. A resposta era cunha dobre ocasión das visitantes cando xa ían cinco minutos.

E aos oito minutos un roubo das estradenses chegaba o gol da igualada. E tan solo dous minutos despois unha contra visitante poñía o un a dous no electrónico, botando por terra o gran traballo das costeiras en tan solo dous minutos.

Buscarían a igualada as locais con sendos envíos de Lía primeiro a Adriana e logo a Ana pero o gol non chegaba e íanse ambos equipos ao vestiario co un a dous no marcador.

O inicio da segunda metade chegaba cunha novidade que era cas visitantes xogando de cinco e no primeiro minuto un roubo de Ana a piques estivo de igualar o partido.

Pouco despois era Adriana a que case iguala o electrónico. As visitantes tiñan poucas ocasións pero moi claras e aos cinco minutos unha triple ocasión visitante poñía un desesperanzador un a tres no tanteador.

Primeiro unha boa ocasión de Mai e logo un gol despois dun lanzamento de Paula Fandiño poñían o dous a tres e as locais novamente no partido.

Todo trocou cando a falla de catro minutos as visitantes facía o cuarto e poñían máis terra de por medio no electrónico.

Decidiron arriscar as locais co xogo de cinco pero lonxe de reducir distancias foiselles xa o partido a desesperada facendo un marcador máis abultado do visto sobre a pista.

A vindeira semana toca importante visita ao Couto Ourense.

++++++

“V Campus do Fisober FSF de Semana Santa”

Ademais o Fisober F.S.F. xa ten preprarado coma cada Semana Santa o seu campus que vai pola quinta edición do cal informaremos máis en vindeiras datas, pero adiantamos xa o cartel deste importante evento deportivo xa consolidado na bisbarra.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-