PREFERENTE GALICIA
(LIGA AUTONÓMICA)
Gran ocasión do Fisober no encontro xogado no Conco.
FISOBER F.S.F. 2-8 PASTELERÍA CERVELA A ESTRADA FUTSAL
FISOBER : Lía, Adriana, Kenny , Paula Fandiño, Ana ; Tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Laura.
ESTRADA : Nuria, Lucía, Natalia Mercedes, María, Lucía González ; Tamén xogaron : Patricia, Doris , Alba, Noelia, Sonia.
ÁRBITRO : Beatriz Pazos
CRONO : Sergio Montoiro.
GOLES : 1-0 min 3 Paula Fandiño, 1-1 min 8 Sonia, 1-2 min 10 Natalia Mercedes, ( descanso ), 1-3 min 25 Natalia Mercedes, 2-3 min 28 Paula Fandiño, 2-4 min 36 Sonia, 2-5 min 37 Lucía, 2-6 min 38 Patricia, 2-7 min 39 Patricia, 2-8 min 39 Noelia.
INCIDENCIAS : Partido disputado disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 23 ª xornada de Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica.
CRÓNICA
Demasiado castigo para un Fisober que o intentou e tivo oportunidades e cando arriscou a desesperada na busca da igualada recibiu un resultado abultado de máis.
Iniciaban o partido os dous equipos moi concentrados. A primeira ocasión foi local por parte de Kenny . Aos tres minutos un envío longo de Paula Fandiño coabase para ser o un a cero local.
O Estrada non creaba perigo ante un Fisober intenso e moi ben prantado en defensa.
Adriana tiña unha gran ocasión cun lanzamento que se lle ia ao pau da portería visitante. A resposta era cunha dobre ocasión das visitantes cando xa ían cinco minutos.
E aos oito minutos un roubo das estradenses chegaba o gol da igualada. E tan solo dous minutos despois unha contra visitante poñía o un a dous no electrónico, botando por terra o gran traballo das costeiras en tan solo dous minutos.
Buscarían a igualada as locais con sendos envíos de Lía primeiro a Adriana e logo a Ana pero o gol non chegaba e íanse ambos equipos ao vestiario co un a dous no marcador.
O inicio da segunda metade chegaba cunha novidade que era cas visitantes xogando de cinco e no primeiro minuto un roubo de Ana a piques estivo de igualar o partido.
Pouco despois era Adriana a que case iguala o electrónico. As visitantes tiñan poucas ocasións pero moi claras e aos cinco minutos unha triple ocasión visitante poñía un desesperanzador un a tres no tanteador.
Primeiro unha boa ocasión de Mai e logo un gol despois dun lanzamento de Paula Fandiño poñían o dous a tres e as locais novamente no partido.
Todo trocou cando a falla de catro minutos as visitantes facía o cuarto e poñían máis terra de por medio no electrónico.
Decidiron arriscar as locais co xogo de cinco pero lonxe de reducir distancias foiselles xa o partido a desesperada facendo un marcador máis abultado do visto sobre a pista.
A vindeira semana toca importante visita ao Couto Ourense.
++++++
“V Campus do Fisober FSF de Semana Santa”
Ademais o Fisober F.S.F. xa ten preprarado coma cada Semana Santa o seu campus que vai pola quinta edición do cal informaremos máis en vindeiras datas, pero adiantamos xa o cartel deste importante evento deportivo xa consolidado na bisbarra.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-