O Muxía estivo apoiado por gran número de afeccionados.
CF Mazaricos 0-2 CF Muxía
Un Muxía moi efectivo tirou abaixo o bo partido dos mazariquenses que dominaron en gran parte do encontro e que puideron ver como o veterano muxián, Michael mandaba o fondo das redes un saque de curruncho as primeiras de cambio. O gol fixo que os mazariquenses se fosen a polo empate pero o que chegaría sería un novo gol dos muxiáns por medio doutro dos veteranos, Víctor Alcaina pasada a media hora de xogo. A tónica ata o final da primeira metade foi a mesma, os mazariquenses tocando e tentando acurtar e os muxiáns controlando e saindo moi ben a contra, e puido chegar o terceiro pero desta vez Iván Baña, meta dos de Mazaricos fíxose grande e evitou un terceiro gol que podería ter sido moito máis complicado para os de Marcos.
Na segunda metade o encontro foi tal cual o que se esperaba. Os mazariquenses a por un gol que os metese de cheo no encontro e os muxiáns defendendo dende arriba. Puido chegar o gol , merecido, dos mazariquenses, pero a defensa dos da Vila da Barca estivo ben. Os de Nando e Fran pasaron intres de apuros, con duas ocasións en contra moi claras, e balóns colgados o área, pero conseguiron manter a porta a cero e levarse unha boa ventaxe de cara a volta a vindeira fin de semana na Arliña.
CF Mazaricos: Iván Baña, Borja, Raúl, Fran Pose, Juan “Rachón”, David, Brais, Pereiro, Marcos, Sandelo e Molinos. Tamén xogaron : Sanchiño, José Ángel, Kevin, Iago e Luís Mayán.
CF Muxía: Víctor, Anxo, Michael, Gusa, Isma Pose, Mauro Romaní, Julián, Iago Muíño, Víctor Alcaina, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén xogaron : Ángel, Sergio “Peski”, Hugo, David e Manuel.
Goles: 0-1, Michael, (9´); 0-2 Víctor Alcaina, (34´).
Árbitro : Diego Grille Landeira, asistido nas bandas por Manuel Castro e Pablo Rama. Amonestou polo Mazaricos a : Farn Pose e Rachón, e polo Muxía : Ánxo Pose e David.
Incidencias : Encontro da ida da final polo ascenso a 1ª Galicia G2 A costa/Santiago, dispoutada no “Peña d´ouro” do Pino do Val, (Mazaricos), cun gran ambente con afeccionados de ambos equipos e afeccionados de todo o fútbol costeiro.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”