PARTIDOS DE TENIS DE MESA DE GRAN NIVEL, ESTE SÁBADO NO PABILLÓN POLIDEPORTIVO DE ZAS.

AD Zas Feminino.

Este vindeiro sábado no Pavillón de Zas teremos partidos de gran nivel de tenis de mesa, pois por un lado enfrentanse os dous equipos de 3ª Nacional Grupo Centro invictos ata agora como son o AD Zas Ponciano Nieto e o Arteal Compostela 3.
.
No equipo de Zas estan xogando os da canteira como son Raúl López, Alex Blanco e Miguel Rey que xunto coa fichaxe desta tempada Roi Sixto profe en A Baña, fixeron un equipo potente como así o demostran os resultados ata agora.
.
No equipo de Arteal figura un dos mellores xogadores de España na categoría alevín, Mateo Lois. Veremos partidos moi interesantes e competidos.
.
Por outra parte tamén teremos partidos das promesas femeninas, xa que o equipo de AD Zas Femenino se enfrentará aos dous equipos de Narón, aquí teremos en liza as promesas do tenis de mesa femenino tanto local coma galego
.
.
Estes serán os horarios do sábado no pavillon de Zas :
.
.
3ª Nacional Masculina Grupo Centro
17:00 h AD Zas Poncianno Nieto .- Arteal Compostela 3
.
.
2ª Nacional Femenina
16:30  h  AD Zas Femenino – Cidade de Naron
18:00 h   AD Zas Femenino – Naron Femenino
.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas