PARTE MÉDICO : RAÚL CARNERO SOFRE UNHA LESIÓN MUSCULAR NO BICEPS FEMORAL, DA QUE NON TRASPASA O CLUBE O SEU GRAO.

Raúl Carnero saeu con fortes dores no femoral.

 

O pasado Domingo o deportivista Raúl Carnero non puido disfrutar da festa na que se converteu Riazor, ao completo. A lesión que sufreu aos 12 minutos de xogo obrigouno a ter que ser sustituido, saindo ca axuda dos galenos deportivistas. Unha lesión que chega en malñ intre e que se xa se falaba da falla de fichar a un lateralk esquerdo, agora é super necesario e vital.

O clube infórmanos de que ten unha lesión muscular no biceps femoral da sua perna dereita, pero sen indicar o grao da lesión, polo que non sabemos o que pode tardar en estar dispoñible. Só comentan o de sempre, o tecnicismo de que : “O lateral coruñés estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

O biceps femoral é un dos múscilos máis importantes que temos nas pernas, pois ademáis de axudar aos isquiotibiais na dobleza das pernas, axuda o xiro da cadeira, motivo poloq ue é tan habitual nos deportistas.

Se é unha rotura, moi dolorosa, ao estar preto do ciático, o nervo máis longo que temos no corpo, pode falarse dunha lesión con baixa de ata 4 meses, denominadas estas de Grao 3. se é unha tendiopatía, (inflmación, irritación…), do biceps, antre un mes, mes e medio, tratándose como unha lesión de Grao 2. Se falamos da de Grao 1, trátase dunha pequena rotura de fibras, e a duarción da recuperación anda nos 8-10 días.

A nosa opinión ao ver sair o xogador con claros síntomas de forte dor, é que se trate da máis grave, pois causa moita dor, o estar preto do ciático, a rotura máis normal, o que trasmite a dor a todo o sartorius, (o músculo máis longo que temos), e o ciático, (o nervo máis longo que temos), extendéndose a toda a perna e ata a cadeira.

“O noso desexo de equivocarnos, e volver a telo pronto antre todos nós”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies