PARTE MÉDICO DE IAN MACKAY, QUE PODERÍA ESTAR ANTRE 4 E 6 SEMANAS DE BAIXA.

Mackay podería estar máis dun mes de baixa.

 

O RC Deportivo infórmanos do parte médico de Ian Mackay, que o pasado sábado tivo que ser sustituido no minuto 89 en Alxeciras por un problema no seu hombreiro esquerdo.

A tenor das probas médicas realizadas, os Servizos Médicos do RC Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño comprobaron que Ian Mackay sofre unha escordadura acromioclavicular e unha fractura de apófisis coracoides.
O futbolista coruñés estará uns días en repouso deportivo, con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, Ian Mackay pasará posteriormente á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo, coméntannos dende o clube.
As escordaduras da articulación acromioclavicular son comúns, en xeral son o resultado dunha caída sobre un ombreiro ou, con menor frecuencia, sobre o brazo hiperextendido. Dependendo da gravidade, as escordaduras da articulación acromioclavicular de leves a moderados poden tardar entre 2 e 6 semanas en recuperarse. Dende o parte médico do clube non aportan de que grao é.
Por outra banda, a fractura de apófisis coracoides e a rotura do músculo que se extende da escápula, ata o corpo do húmero, lesión que se relaciona ca anterior, neste caso a sua recuperación abarca das 4 as 6 semanas de baixa. Todo elo segundo o grao da lesión.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia