PARIS ADOT PAGOU A SUA CLAUSULA PARA VIR O DEPOR SEGÚN INFORMA A PONFERRADINA AOS SEUS AFECCIONADOS.

 

Segundo informou a SD Ponferradina, o lateral dereito Paris Adot que asinou como a primeira fichaxe do Depor, pagou a sua clausula de rescisión para poder vir o clube deportivista. Non caeu ben a algún afeccionados que se fose a un equipo da mesma categoría e que vai loitar pola volta a Segunda, e como pasa nestes casos nas “podridas” redes sociais, o saber que viña o equipo deportivista volveuse nun “pecha o sair”, “foches unha decepción nos 3 anos que estiveches aquí”, e cousas parecidas. O normal cando un xogador marcha a outro equipo, algo que se mitiga se vai a unha categoría superior, pero que será bo ou non é unha mostra máis que ainda que esteñamos na miseria da 3ª División do fútbol español, os xogadores prefiren vir a un equipo histórico, ainda que na xestión deixe moito que desexar, pero cunha afección de Champións.

A SD Ponferradina para evitar faladurías xa especificou que se vai tras pagar él mesmo a sua clausula de rescisión e así evitar críticas e pasarllas o propio xogador. Os ponferradinos veñen de asinar ao coruñés Brais Abelenda e parece feito que Kuki Zalazar será o segundo en ir os veciños ponferradinos.

-Foto : Twitter

-Texto : Xosé Búa “Pirata”