PARA CANDO A SEGUNDA E TERCEIRA EQUIPACIÓN DO RC DEPORTIVO 2021/22?…ESA É A PREGUNTA DO DEPORTIVISMO.

 

Sin numerosos os afeccionados deportivistas que nos escriben polas diferentes maneiras que hai de contactar connosco e fan a mesma pregunta : “Sabedes cando saen a segunda e terceira equipación do Depor para esta tempada?”…ou preguntas similares pero co mesmo fin.

Tentamos indagar sobre as causas de que ainda non se coñeza, pero hai mutismo por tódolos lados. Pasamos das espectaculares presentacións da “Era Tino”, a vivir unha tardanza excesiva, e nin na web da marca italiana Kappa, nova distribuidora da roupa deportivista hai nada, e no apartado de clubes, ainda non actualizaron e non aparece o RC Deportivo no listado dos clubes que visten de fútbol.

Fallan duas semanas para que comece a competición e esta tardanza produce ansiedade nos deportivistas máis ansiosos de coñecer como serán as novas indumentarias, se teremos un ano máis a “galega”, que representa a bandeira da nosa patria e a do porto da Coruña, que foi collida polos galegos que abandoaban a nosa terra cara a diáspora, como a enseña do noso país.

Toca esperar e cada día ás 19:06 horas darse unha volta polo Twitter e a web do clube. Nero non deixa de ser curiosa a tardanza, pois ademáis xa renovaron as Deportienda, que agora e en principio ata 2026 xestionará a firma italiana de roupa deportiva, así como a tenda online, na que xa teñen a primeira indumentaria e 3 modelos de porteiro, así coma os de adestramento, pero faltan as outras.

Deixamos e trasladamos a pregunta o RC Deportivo : “Para cando teremos a 2ª e 3ª equipación?…

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia