PACO ZAS : “NUN INTRE COMA ESTE PENSAR EN BAIXARME DO BARCO NON O ENTENDERÍA”.

 

O presidente deportivista Paco Zas pasou por rolda de prensa trala xuntanza da diretiva na Praza de Pontevedra e confirmou a continuación co proxecto e a sua confianza na plantilla : “Temos unha confianza total e absoluta no persoal, no adestrador e en todo o persoal deportivo. Como deportivista, nun momento como este, co equipo nunha situación como esta, de último, pensar en non apoiar ao Deportivo, en baixarme do barco, non o entendería. Son deportivista desde que nacín practicamente. Abandonar ao meu equipo cando está nesta situación non entra nos meus conceptos”.

O máximo mandatario do RC Deportivo pideu o apoio incondicional aos xogadores : “Non queda máis remedio que seguir, pelexar, confiar en todo o que temos por diante. É unha situación que todos sabemos que é totalmente anómala. Temos que pedir a confianza nos xogadores, que cando salten ao campo salten coa maior confianza posible. Non pido nada para min, pero que aos xogadores déanlles a forza suficiente para xogar con tranquilidade”.

Afirmopu estalo pasando moi mal, como deportivista que é dende que naceu : “A situación está sendo dura, moi dura para mín. Non nos queda máis remedio que aguantar. Por iso pido que aínda que para nós sexa dura, para os xogadores sexa o máis suave posible no sentido de que non sintan a inquietude que todos temos. Nunca lle digo á xente o que ten que facer. De ningunha maneira ocórrelleme. Pido apoiar aos xogadores o máximo posible. Non vou máis aló”.

Finalmente, volveu a pedir o apoio para o equipo, algo que fixo en cada momento :  “moitos deportivistas estamos a pasalo mal, pero cando o equipo está como está, hai que remar”.

Asemblea Xeral de Socios Accionistas no Nadal

Tamén se aproveitopu a comparecenza para datar na primeira quincena de Nadal a Asemblea Xeral de Socios Accionistas, na que se porán a votación actuación do consello e a aprobación das contas.

 

-Foto : rcdeportivo.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.