PACO ZAS NOVO PRESIDENTE DO RC DEPORTIVO

Paco Zas é o novo presidente do RC Deportivo tars acadar o apoio de 33.389 votos a favor e 4.897 en contra. Na segunda posición quedou Fernando Vidal que acadou 24.596 votos a favor e 24.104 en contra.

Paco Zas na sua intervención tras darse os resultados falou dende o estrado e ao nomear a gran débeda heredada recibeu abucheos dunha minoría da sala.

Alabou a xestión da diretiva sainte e afirmou que “a débeda vaise a pagar”. Logo falou dos puntos principais do seu programa, de achegar aos xogadores galegos a canteira e o primeiro equipo, “sempre que melloren o que temos aquí”, que o Fabril e a base sexan as mellores de Galicia.

Ratificou como xa dixera na precampaña a Carmelo del Pozo e o porqué de que siga : “Xa ten a experiencia do que fixo ben ou mal e ademáis habería que traer a outro que comezara de novo de “0”.

logo foi falando punto por pnto de todo o que tentarán de facer.