Paco “Pioto” tamén viveu a final do 1966.
Na pasada Copa da Costa poñíamos un artigo dos que quedaban vivos daquela singular Copa da Costa do 1966, a única a que chegara o CF Muxía, (daquela en tempos de Franco, CF Mugía), e para celebrar que 59 anos despois o clube muxián chegaba a unha final, que o final perdería pola lotaría dos penaltis ante o CF Dumbría, (2-2). Naquel artigo que fixemos e seguíndonos da lembranza oral falábamos con 4 xogadores, (Juan do Pión, Cho, Juan Carlos Luaces e Manolito Martín), e co único dos diretivos fundadores do clube que está connosco, (Nucho de Mariana), pero xa pasada a copa na que se homenaxeou aos 5 “superviventes”, un par de afeccionados de idade decíannos que había outros dous membros daquel equipo, Paco de “Pioto”, coñecido daquela futbolisticamente coma “Toba”, e Lolo do “Musiño”. O primeiro ao parecer tamén xogara naqueles 3 encontros contra o Xallas, e o segundo non chegou a xogar porque estaba enfermo de consideración.
Tras falar con Paco de “Pioto” e disculparnos de habelo esquecido por non saber que xogara, o memo que lle pasou ao CF Muxía que nos datos que recabou non aparecía o seu nome, tal como nos decía o seu presidente Juan José Busto : “Non sabíamos nada e fastídiame porque, foran 6, 7, ou os que foran invitábamos a todos, pero ata ninguén nos advertío que houbese alguén máis, polo que como digo non o sabíamos i é unha pena”.
Paco Toba, (Muxía 1949), comentábanos sobre aquela final a 3 encontros unha cousa parecida a que decían os demáis : “Puidemos levar o encontro do Beiramar gañado pero a clave estivo no segundo encontro en Santa Comba no que Gerardo, o que traballaba no Muro da Coruña, que era o árbitro acabou connosco. Anulounos 4 goles e esperou ata que o Xallas que non nos facía ningún dano, empatase o encontro nunha xogada aillada e xa pitou o final para que houbese un cuarto encontro”. Sobre o dito de que lle oferceran percebes noutro encontro os que ían vender a Coruña e logo non cumpliron dinos Paco que : 2Algo deso houbo”.
Nas anédotas lembra que na final en Vimainzo, “na que estaba todo o pobo”, houbo unha xogada curiosa para desestabilizar a Nené que era un dos mellores xogadores do equipo : “Cando ía correndo pola banda un afeccionado do Xallas, parounos enganchándoo cun paraguas”. Nené que conseguira a expulsión dun dos de Santa Comba na primeira metade fora expulsado na segunda, tal e como lle advertira o adestrador-xogador, Tito Luaces : “Anda con cuidado que o árbitro a mínima que fagas méteche fora para quedar iguales”.
Lembra Paco que antes da copa él e máis Juan do “Pión” como tiñan 16 anos i eran menores para xogar no equipo senior tiveran que ir a Madrid a Federación Española de Fútbol a facer un reconocemento médico, que “pasamos sin ningún problema”, ambos xa eran mariñeiros desde nenos e estaban fisicamente curtidos.
Paco de “Pioto” trala copa levouno para o Córdoba CF o que era adestrador do equipo andaluz o muxián Eduardo Toba, e que as veces dirixía o Muxía e que na 1968-69 dirixeun a Selección española de Fútbol.
Paco é pai do ex diretivo, xogador e adestrador do CF Muxía, Fran “Pioto”, e que é tamén presidente e un dos fundadores do Fisober FSF, así como pai da xogadora do CF Muxía, Barca Toba. Deportista do mellor da Costa da morte e que sumou éxitos ademáis de no fútbol 11, recentemente ascenso a 2ª Galega e finalista da Copa da Costa co CF Muxía, e grandes éxitos en atletismo, ciclismo e futsal”.
Por arriba de esquerda a dereita : Carracedo, Vilas, Loureiro, Martín, Barreiro, Rodri.
Por abaixo de esquerda a derteita : Paco “Pioto”, Eliseo do “Caxeno”, Paco da “Chorentana”, Balbino e López.
Unha aliñación do CF Muxía trala volta de Paco de “Pioto” da sua tempada no CF Córdoba na 1ª División.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”