PACO JÉMEZ EN POUCAS HORAS, DE SALVADOR NA ZAPATEIRA, A OFRECERSE ADESTRAR O DEPOR DE BALDE.

 

Paco Jémez axudou na tarde de onte a salvar a unha persoa que sufría un ictus no Campo de Golf da Zapateira, (A Coruña), comezando a darlle a reanimación e relevándose cunha enfermeira que tamén se atopaba nese intre no recinto deportivo coruñés. O final chegou a ambulancia medicalizada e conseguiron que o home que sufrira o infarto recuperase a concienza e a vida.

Pucas horas despois no programa de radio “El Larguero” a pregunta de Manu Carreño, locutor diste programa, de si adestraría o Depor nestes intres tan delicados díxolle que ; “Si ti me dis en, deixoo todo”, usando a coñecida frase do famoso boleiro do tríos “Los Panchos”. O xerezano, sen equipo dende a pasada tempada e casado na Coruña, firmemente deportivista, despois dos seus 5 anos de éxitos no clube tamén dixo que : “Ui!, o Dépor como está, o que nos está facendo sufrir. Estou a verlle todos os partidos por televisión e é un sufrimento incrible”…

Para Paco a clave agora mesmo están en : “Estabilizar isto, que non se desangre máis, e xa para o ano que vén os que teñen que tomar decisións que tomen as que sexan. Agora o importante é que estábamos a tentar loitar por ascender e estamos máis preto practicamente de xogar os playoffs por non descender“.

O xerezano quixo deixar claro que estaría disposto a adestrar o Depor ata de balde se fixese falla: “Si, por que non?…Hai sitios onde polo teu pasado, por todo o que viviches…eu vivo aquí, a miña familia é de aquí, estiven cinco anos neste club. Hai momentos nos que se necesitan da túa axuda, pois tampouco miras outras cousas. Tamén tes que estar nunha situación de poder permitirte ese luxo. Eu podo traballar e se cobro menos, cobro menos, e se non cobro?…xa o iremos arranxando máis adiante. Sempre hai algún sitio onde todos os condicionantes que hai ao redor pásalos por alí”.

-Foto : Rayo Vallecano

Texto : piratasdemuxia/El Larguero