PABLO VÁZQUEZ AO XIXÓN E RUMORES DA CHEGADA DE LUISMI CRUZ.

A prensa asturiana e galega xa dan por feito o embarque de Pablo Vázquez no Sporting de Xixón. Segundo comentan en La Voz de Asturias, o xogador puxo da sua parte para chegar a cantidade que o Depor lle solicitaba ao clube astur, que era de 200.000 euros e que desta maneira o central aseguraba unha tempada máis na Segunda División e a opción a aoutra máis pois quedáballe unha no Depor e din que asinará por 2 tempadas máis unha opcional.

Ainda non hai nada oficial pero xa o dan por feito tras serlle informado que tería “un papel secundario no novo proxecto”, deportivista, cousa a noso entender pouco ética, (se foi así), xa que Pablo Vázquez foi un xogador de equipo, que o deu todo, e que o xogou todo, agás media hora do derradeiro encontro ante o elxe para darlle a opción a Pablo Martínez e Jaime Sánchez a despedirse no campo. O seu nivel foi do milloriño do equipo, con seus erros garrafais, pero tamén con acertos que deron puntos.

O noso desexo de que todo lle vaia ben menos cando se enfronte connosco e que quede por debaixo do Depor por razóns obvias.

Sona con forza Luimi Cruz

Na prense tinerfeña e nos mentideiros deportivos deportivistas, (nos que as cousas este ano andan frías pois non se filtran nomes coma o ano pasado o que fai que haxa ansiedade na parroquia deportivista), hoxe saltou a palestra o nome de Luismi Cruz, (Puerto de Santa María-Cádiz, 23/05/2001), extremo de calidade que a pasada tempada xogou no CD Tenerife no que marcou 2 goles e reparteu 8 asistencias. Formado na canteira do Sevilla FC, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei do 2021 e o ano seguinte debutou na Primeira División tamén co equipo hispalense. Na tempada 203/24 foi cedido o Barcelona B e de aí recalou no CD Tenerife, co que ten contrato ata 2027, pero falan na prensa tinerfeña que a fichaxe polo Depor anda no millón de euros.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”