PABLO VALCARCE NOVO XOGADOR DO DEPOR 2023/24.

 

Era un segredo a voces a chegada de Pablo Valcarce, pero tamén soaba a sua volta a SD Ponferradina, a sua terra natal e de onde saeu como xogador para xogar en categorías superiores ca que estamos. Medio ofensivo que se pode mover polas diferentes posicións do ataque, que ten gol, pero que a sua especialidade tamén é a de pasador repartindo asistencias de gol.

Pablo Valcarce Vidal (Ponferrada, León, 3 de febreiro de 1993) é novo xogador do Dépor para as dúas próximas temporadas, até xuño de 2025.

Pablo Valcarce actúa como centrocampista e chega ao Deportivo despois de dúas campañas nas filas do Burgos CF, en Segunda División.

O futbolista berciano formouse na canteira da SD Ponferradina, desde onde puxo rumbo a Soria, para enrolarse no filial do CD Numancia no seu primeiro ano sénior. Despois de debutar nas xornadas finais do curso 2014-15, na campaña 2015-16 deu o salto definitivo ao primeiro equipo do club soriano. Co mesmo completou tres campañas en Segunda División. Entre Segunda División, Copa do Rei e playoff de ascenso a Primeira, Pablo Valcarce sumou 104 partidos e 19 goles no conxunto castelán.

No verán de 2018, o RCD Mallorca fichou a Pablo Valcarce. Na súa única campaña no cadro bermellón, co que logrou o ascenso a Primeira División na final do playoff precisamente ante o Dépor, unicamente xogou 12 encontros e marcou 1 gol.

Aínda que seguiu pertencendo ao conxunto mallorquino, as dúas seguintes temporadas, 2019-20 e 2020-21, saíu cedido á SD Ponferradina. 73 partidos e 10 tantos foi a súa bagaxe durante o regreso ao club no que se formou.

Após finalizar o seu contrato co RCD Mallorca, Pablo Valcarce fichou polo Burgos CF, recentemente ascendido a Segunda División, co que sobresaíu na súa primeira temporada, marcando 10 goles en 38 encontros.

Pablo Valcarce xogou ininterrompidamente na categoría de prata as últimas 8 temporadas, acumulando na mesma 257 partidos e 40 tantos, aos que hai que engadir 1 choque de playoff de ascenso a Primeira (co Numancia no curso 2017-18) e 8 encontros de Copa do Rei.

 

-Fotos : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo