PABLO TRIGUEROS : “Vexo ben ao equipo. Falta coller algunhas cousiñas pero véxoo ben, collendo ritmo aos poucos e a ver que tal en liga”.

 

Pablo Trigueros

O defensor deportivista, que xogou o noventa minutos tal e como advertira o técnico o xoves en rolda de prensa, manifestou que o choque “nos serve para coller ritmo, que é o que queremos de cara á semana que vén. Un empate nun campo difícil por como estaba o terreo. Competimos nun campo no que hai que facer iso, ir coa máxima intensidade. Conclusións positivas nun partido que serve para coller ritmo”.

Advirte que na temporada “imos ter campos de herba artificial. Imos ter de todo. É unha mostra do que nos pode vir durante a temporada. Non todo vai ser Riazor ou bos campos. Serve ben para ver como estamos nestas superficies”.

De cara ao comezo de liga ante o Vigo B o domingo 29 de agosto ás 21:30, Pablo Trigueros ve “ben ao equipo. Falta coller algunhas cousiñas pero véxoo ben, collendo ritmo aos poucos e a ver que tal en liga”.

Séntese “con ganas tremendas” de empezar a competición: “Ao final todo isto é preparación. O que importa é a liga e o que leva”, engade.

Preguntado pola hora do partido ante o Vigo B, o central branquiazul confesa que “a min me encanta xogar de noite pero é un pouquiño tarde. Esperemos que se encha Riazor póidanos animar o máximo posible. A ver se podemos conseguir a vitoria”.

Aínda que lembra que o obxectivo é “claro”, Pablo Trigueros cre que “hai que ir partido a partido. Primeiro pensamos no Vigo B que é un filial. Con ganas de empezar a temporada ao máximo nivel”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies