PABLO MUÑÓZ NOVO XOGADOR DO DEPOR 2023/24.

 

O xove dianteiro Pablo Muñóz foi anunciado a primeiras horas desta mañán como novo xogador do RC Deportivo. Era un segredo a voces a sua contratación, e ainda que pensamos que ao final non cuaxou e que Hugo Rama fora a derradeira peza no plantel deportivista, agora o club anunciou a chegada do rapaz madrileño.

Pablo Muñoz Crespo (San Sebastián de los Reyes, Madrid, 4 de setembro de 2003) converteuse en novo xogador do Dépor 2023-24, cun contrato até xuño de 2025.

Pablo Muñoz é un centrocampista de carácter ofensivo que se formou nas categorías inferiores do Alcobendas CF, CD Chamartín Vergara e Rayo Vallecano. Nas filas rayistas sobresaíu co xuvenil A na temporada 2021-22, na que malia xogar como centrocampista anotou 19 goles en División de Honra.

O curso pasado, 2022-23, ascendeu ao filial rayista, en Tercera RFEF, co que xogou 26 partidos e marcou 5 goles. Ao pouco de comezar a temporada, o 18 de outubro do pasado ano, debutou co primeiro equipo franxivermello en Primeira División, na visita ao Atlético de Madrid (1-1), substituíndo no minuto 80 a Álvaro García.

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies