PABLO MUIÑO, UN DOS GRANDES XOGADORES DA COSTA COLGA AS BOTAS.

Pablo Muiño pasa a ser un dos míticos da costa.

 

Pablo Muiño Ramos, futbolisticamente “Pablo Muiño” anunciábanos no día de hoxe que colga as botas aos seus 33 anos, un xogador de raza que en cada equipo nos que estivo non pasou inadvertido, pola sua entrega, calidade e capacidade goleadora. Xogou en equipos coma o CF Dumbría e Xallas FC, antre outros. Foi parte daquel CF Dumbría “B” que atraía máis xente o campo co primeiro equipo antes de pasar o equipo principal dumbriés, pero tras fundarse o equipo da sua casa o CD Baiñas, foi partícipe dos trunfos do mesmo co seu cento de goles a pesares dos problemas que lle deu o seu seonllo.

Pablo despideuse do fútbol nas redes sociais cunha emotiva dspedida : “COLGO AS BOTAS. Algo que nunca pensei ter que decir, xa que contaba con xogar toda a vida, pero con 33 anos e 3 visitas o quirófano a miña rodilla dixo basta, levantou a bandeira blanca e pideme paz, a cal lle vou a dar de mala gana. A enorme nostalgia que me deixa o fútbol e un imposto que a gusto pagarei por haber sido tan feliz polos campos. Como comúnmente se di “eu non xogo máis o fútbol” no meu caso e literal xa que non son capaz de correr 5 minutos sin coller inflamación o cal me impide asta pa xogar un amistoso. Dar GRACIAS a todos eses grandes amigos que me deixa este querido deporte, por toda a costa, desde Carballo asta Muros, sen ningunha duda de todos os anos que levo xogado e o mellor dos premios que levo. Tamén GRACIAS a todos os equipos nos que tuven o gran honor de xogar con mellor ou peor fortuna. Como non GRACIAS os entrenadores, eses que confiaron en min, e que soportaron a un xogador indisciplinado e pouco ortodoxo como fun. Un abrazo P. M 11″.

O noso desexo de que teña boa proa no que lle depare o futuro.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies