PABLO MEIXÚS SEGUNDA FICHAXE DO BERGANTIÑOS FC NO DÍA DE HOXE.

 

Se esta mañán anunciábamos a fichaxe de Ander Fernández por parte do Bergantiños FC, (dianteiro alavés), acaban de comunicarnos unha nova incorporación, a de Pablo Meixús, central de 19 anos que chega da canteira do C.Vigo.

O Bergantiños FC comunica que o prometedor Pablo Meixús convértese en xogador do Bergan para esta Temporada 22/23.

O defensa central de 19 anos (21/05/2003), natural de Pontevedra, procede do RC Celta, club ao que estivo ligado durante 11 temporadas.

Formado na canteira celeste defínese por ser un futbolista “intenso, con boa saída de balón, rápido e contundente”.

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Comunicación Bergantiños FC