PABLO MARTÍNEZ E BORJA GRANERO CON SENDOS PROBLEMAS MUSCULARES, QUE NO CASO DO FRANCÉS SERÁ SERIA DÚBIDA PARA A LIGA.

Non se sabe o grao da doenza de Martínez nin de Granero.

 

O RC Deportivo infórmanos das doenzas que sufren Pablo Martínez e Borja Granero, doenzas que van impedir que participen no encontro do vindeiro sábado na Copa do Rei ante o Guijuelo a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT).

No caso do hispano-francés, xa era máis ca seguro que non participaría, pero no caso do valenciano, de seguro que tería opcións.

O clube informa que : “As probas médicas realizadas polos Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirman que Pablo Martínez sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda e Borja Granero no xemelgo interno da súa perna dereita”, pero sen especificar o grao da lesión, en ningún dos casos, polo que o máis importante dos casos é o de Martínez, xa que é titular no primeiro equipo en liga, e avecíñase un calendario de estalos, polo que sería unha baixa moi importante. No caso de Granero, é un xogador que xa leva lesionado practicamente toda a poretempada e liga, polo que sería unha oportunidade para él a Copa. Unha Copa, que só ten ese interés, o de que xoguen os que non teñen minutos..

O clube dinos que : “Ambos os futbolistas estarán con tratamento médico e de fisioterapia nos próximos días ata que a súa evolución permítalles iniciar a etapa de readaptación física supervisada por Alejandro Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”, un tópico dos prazos de recuperación.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia