Pablo Marí ve máis unidos ca nunca a tódolos seus compañeiros.

-Pablo Marí : “Cando vas ben non te deixas ir, e cando as cousas van mal non estamos afundidos. Todo o contrario, estamos máis unidos que nunca”

Rolda de prensa de Pablo Marí, falou convencido de que “non están afundidos”, que a visita do outro día dos Riazor Blues : “deunos un plus de forzas, saber que están aí, que imos todos xuntos. Foi moi bonito poder falar con eles, sentirse arroupados pola xente cando xogamos na casa danos moito”dixo o central deportivista que apuntillou que : “Quizá neste momento da tempada pódese dar todo por perdido ou pensar que se está moi lonxe. Pero se o miras obxectivamente, queda moito. Queda moito por diante”Abre a nova ao completo para ver as verbas de Pablo Marí.

Carlos Fernández xa fixo parte do adestramento co grupo, namentras que Matías Nahuel e Quique González fixérono co readaptador. O clube xa vendeu grande parte das 900 entradas que recibeu e a Federación de Peñas xa adxudicou as que recibeu. En total 2.111 entradas. No encontro do vindeiro venres ante o UD Almería en Riazor, (21:00 horas-20:00 GMT), volverá a haber protesta entrando 5 minutos máis tarde, esto contra os horarios de televisión e datas dos encontros que sempre afectan aos mesmos clubes e afeccionados…Non o fútbol moderno!!!.

ROLDA DE PRENSA DE : PABLO MARÍ

(Por : rcdeportivo.com)

Pablo Marí foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O central deportivista cre que o equipo chega “ben” ao partido deste venres 22 de marzo en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV). “A mentalidade do equipo é boa. Tivemos a fin de semana para desconectar un pouco, chegar coa cabeza limpa, e sobre todo con moitísimas ganas e ilusión de afrontar este partido. Para nós é moi importante para recuperar esas sensacións en casa”, engade.

Subliña que o partido da UD Las Palmas de hai 15 días “tiñámolo moi controlado e escápasenos por unha acción puntual. Hai veces que pasa. Hai que saber solucionar eses detalles canto antes para que non ocorran. E volver recuperar sensacións”.

Por este motivo, pide o defensor branquiazul “mellorar cada día. Temos que traballar moito, analizar moi ben o que fixemos cada semana e non repetir eses detalles que non han ir ben, e que non volvan ocorrer”.

Cre que o vestiario deportivista é autocrítico: “Somos un equipo que quere facer as cousas moi ben, que queremos estar arriba. Iso pasa por ser autocríticos. Nin cando as cousas van ben te deixas ir, nin agora que están mal o equipo está afundido. Estamos máis unidos que nunca e apoiámonos entre todos”.

O futbolista valenciano asegurou que “temos cousas que mellorar evidentemente. Non somos un equipo perfecto. Pero confío plenamente neste equipo e sobre todo en ABANCA-RIAZOR, que nos vai a axudar esta fin de semana”.

Cunha visión obxectiva do momento actual da temporada, Pablo apunta que “queda un mundo. Queda moitísimo por pelexar e moitísimo por cambiar. Estamos nun momento no que temos que afrontar o partido do venres coma se fose unha final porque cada vez vai quedando menos; pero hai que afrontalo con ilusión, con ganas, con ganas de cambiar cousas, con ganas de querer ascender posicións… Hai que estar completamente tranquilos e enfocados no partido do venres. Non mirar máis aló”.

Recalca que “para cambiar esa dinámica que traiamos até agora evidentemente o que mellor nos pode ir é gañar. Somos sabedores que hai que ir a matar, hai que levar os 3 puntos. Necesitamos a todo un estadio enteiro como é ABANCA-RIAZOR para que nos axude a conseguilo”.

Preguntado polos rivais polo ascenso, repite que non pensa nos demais, “confío plenamente no meu equipo, nos nosos xogadores, os que entran, os que saen”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-